
Actividades de dinamización para poñer en valor e dar a coñecer a historia, cultura e a actividade pesqueira do Concello de Ares: Academia do mar, Accións formativas. Ares Indiano, accións de difusión.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Traballar dous aspectos básicos para o futuro das nosas xentes, o mantemento da cultura mariñeira e a formación do tecido empresarial para poder reconverter aos familiares da xente do mar en outros sectores.
Poñer en valor os recursos e o patrimonio ligado ao mar co obxecto de facelo atractivo para os visitantes de Ares e así conseguir comercializar o destino e fixar poboación en Ares.
Dar a coñecer a historia do sector pesqueiro e a historia relacionada coas culturas que levaron a cruzar o océano
Facer de Ares unha referencia para coñecer a cultura indiana e a relación cos países doutro lado do atlántico, para todas as persoas que visitan Galicia e queiran contar cunha experiencia rigurosa e localizada.
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Ares
Incremento das ventas do comercio local, principalmente dos produtos derivados da pesca
Catalogación dos recursos históricos existentes no Concello e implicación da veciñanza para que aporten os seus recursos e o seu coñecemento sobre Ares Ultramarino
Formación de impacto dirixida a buscar novos sectores e auxe
Valorizar a través de diferentes accións o litoral, a historia e produtos do mar do territorio
Apoiar a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do Concello de Ares.
Actividade 1. Academia do Mar, con dúas liñas de acción unha primeira as Masterclass onde expertos/as en diferentes materias impartiran diferentes accións formativas enfocadas á nova realidade empresarial e a segunda liña de acción será a de realizar 10 itinerarios de consultaría individualizada para a que se contará cun mentor e o apoio de diferentes expertos dependendo de cada proxecto, xa que non son as mesmas necesidades as dun mariñeiro que quere reorientar a súa actividade que a do seu fillo ou filla que quere scar adiante un proxecto completamente novo.
Actividade 2. Ares Indiano. Co obxecto de converterse nunha referencia anual na que as xentes de Ares e de toda a ría de Ferrol presuman do seu pasado ligado ao mar. Contará coa colaboración dos membros da Rede e do propio concello, realizando actuacións musicais de época, promoción da vestimenta de principios de século XX, dinamización e implicación do sector turístico, decoración das principais rúas da vila, montaxe de accións teatralizadas, rutas indianas....
Reforzo da comunidade no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais
Fomentar a colaboración e coordinación dos diferentes axentes e/ou servizos de apoio ás persoas emprendedoras actuantes no territorio
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)