
Este proxecto consta de dúas accións diferenciadas, ambas de tipo lúdico e de sensibilización, a primeira delas é a edición e impresión de 3000 exemplares do conto "Os Bolechas coñecen a Senda Ártabra", onde descubrirán espazos naturais (cantís, praias, vexetación, aves mariñas que só crian nos illotes desta zona, animais mariños), así como patrimonio cultural (Castro da Pena Lopesa, Pena Molexa, e outros monumentos representativos do megalitismo). A mesmo tempo, falarase da relación de veciñanza coa ribeira tanto no pasado (recollida de xabre, pesca...) como nas profesións actuais, nomedamente a principal desta zona: os percebilleiros. Describirase en que consta o seu oficio, dificultades, o produto, o respecto ao medio destes profesionais, etc....achegando aos máis novos a mensaxe da importancia do respecto do medio mariño (e non só) para evitar a contaminación, a esquilma dos seus recursos....
Tamén organizaranse dúas edicións de "Escape Room" no entorno da Senda Ártabra para familias e para adultos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Dar a coñecer o entorno da Senda Ártabra
Valorizar o medio natural e protexelo
Amosar o sistema de produción no medio mariño: nomeadamente o traballo dos percebelleiros
Previr a contaminación a partir do fomento de actividades sustentables na natureza
Mellora do coñecemento dunha zona litoral de grande valor ambiental, que forma parte do LIC Costa Ártabra
Protección da biodiversidade do medio mariño
Conservación do espazo medioambiental do litoral de Narón
Accións lúdicas e educativas con monitor, nas que tratarase de sensibilizar e concienciar sobre a importancia do respecto ambientalm, a prevención da contaminación e as consecuencias de non facelo.
3000 exemplares do conto "Os Bolechas coñecen a Senda Ártabra"
Organización, deseño, edición e impresión de 3000 exemplares "Os Bolechas coñecen a Senda Ártabra"
Realización do xogo na ruta "Senda Ártabra" un día para público familiar (escape room)
Realización do xogo na ruta "Senda Ártabra" un día para púbico adulto (escape room)
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Acadar un medio natural sostible
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)