Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte Convocatoria 2023 (Orde do 14 de setembro de 2023)

1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (DOG nº183 do 26 de setembro de 2023). (Resolución publicada o día 23 de novembro de 2023 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)

2. Esta proposta de revisión provisional quedaba condicionada á revisión por parte do equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Norte da documentación que foi requirida aos solicitantes das axudas.

3. Outorgouse un prazo de alegacións de 5 días hábiles dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que foi o día 23 de novembro de 2023. Rematado o prazo de alegacións o día 30 de novembro de 2023, non foi recibida  ningunha ao respecto, na sede do GALP Golfo Ártabro Norte. 

4. Os membros da Xunta Directiva acordaron que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o artigo 20 da Orde de axudas do 14 de setembro de 2023- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas de resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva, sen necesidade de levar a cabo unha nova reunión de Xunta Directiva presencial, ao non existir alegacións nin modificacións de ningún aspecto nos acordos tomados nos diferentes proxectos nesta reunión, e que tiveran que ser novamente debatidos polos membros. No caso de revisións da documentación presentada, e que afecten ao contido na proposta provisional, o equipo técnico informou aos membros da Xunta Directiva dos cambios realizados para a súa conformidade ou non conformidade, a través do correo electrónico o dia 1 de decembro de 2023, previo á publicación da proposta definitiva.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Certificado Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2023

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2023

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2023

Anexo III. Proposta DEFINITIVO Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2023

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos das partidas 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade de crédito orzamentario de crédito para as partidas orzamentarias 770 e 780 para esta convocatoria 2023.