Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O compás do Alzheimer

O proxecto busca promover o benestar e a inclusión social das persoas con discapacidade ou dependencia diagnosticadas dunha demencia neurodexenerativa e a súa rede a apoio conformada por familiares e persoas coidadoras, así como de todas aquelas persoas do territorio GALP Ría de Vigo-A Guarda que teñan algunha relación ou interese común con elas, a través da posta en valor da cultura e do patrimonio náutico marítimo- pesqueiro, da recuperación das tradicións e da realización de actividades de sensibilización.

O proxecto leva a cabo diversas actividades relacionadas coa costa, o sector marítimo-pesqueiro  e o seu patrimonio cultural, a través do traballo terapéutico directo con persoas con algunha enfermidade neurodexenerativa tanto a nivel cognitivo e funcional, así como no ámbito do lecer buscando beneficios positivos para todas as persoas participantes. As actividades a realizar son:

- Saídas a recoller de lixo en distintos areais de Nigrán, Baiona e A Guarda que realizarán as persoas usuarias desas zonas de forma conxunta con varios colexios.

- Realización de obradorios de reciclaxe cos refugallos recollidos nas visitas aos areais.

- Accións concretas en colaboración con entidades e empresas locais, onde se busca pór en valor o patrimonio e a economía local das zonas de Nigrán, Baiona e A Guarda por medio de obradoiros ("Gameliñas" coa Asociación O Piueiro, "A Guarda escrita nas estrelas", "O Compás do mar"), charlas (sobre o sector conserveiro, sobre as actividades das redeiras coa Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia)  e visitas guiadas (Museo do Mar de A Guarda, Museo de Santa Trega).

As actividades que conforman o presente proxecto, teñen como poboación beneficiaria directa ás propias persoas con discapacidade ou dependencia derivada do Alzhéimer ou outras demencias neurodexenerativas en estados iniciais e intermedios da patoloxía e o seu entorno convivencial.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOC DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER Y OTRAS DEMENCIAS DE GALICIA
Datos de interese: 
https://afaga.com/
Perfil empresarial: 
Asociación sen ánimo de lucro. AFAGA Alzheimer é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza distintas actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e os seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que así o demanden, achegar a realidade desta enfermidade ás entidades públicas e privadas co obxectivo de conseguir unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo e estimular e colaborar nas investigacións que sobre esta enfermidade realícense.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
30
Anualidades: 
2025-2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

O proxecto lévase a cabo no territorio sur da provincia de Pontevedra. Concretamente nos Concello de Baiona, Nigrán e A Guarda.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
111.446,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
16.218,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
16.218,50€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
11.352,95
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
4.865,55
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural nas zonas costeiras de A Guarda, Baiona e Nigrán.

Promover a inclusión social, cultural e recreativa de colectivos vulnerables (persoas con enfermidades neurodexenerativas mediante a súa participación activa en actividades terapéuticas).

Incrementar as actividades de socialización das persoas con enfermidades neurodexenerativas para así reducir a soidade non desexada.

Reforzar a conexión das persoas con enfermidades neurodexenerativas co patrimonio e a economía local das zonas costeiras de A Guarda, Baiona e Nigrán.

Desenvolver unha conciencia social sobre a importancia do coidado e a preservación do medio ambiente, da biodiversidade.

Fomentar o tecido asociativo nas zonas de Baiona, A Guarda e Nigrán. 

Promover actividades interxeneracionais para mitigar os comportamentos de discriminación por razón da idade. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

• Incrementar ó  benestar emocional das persoas con discapacidade derivadas dunha enfermidade neurodexenerativa, ao realizar actividades de socialización e ocio terapéutico. 

• Fomentar o tecido asociativo en Nigrán, Baiona e A Guarda coas actividades levadas a cabo.

• Aumento da conciencia e o valor do patrimonio cultural tanto nas persoas usuarias de AFAGA coma na poboación en xeral das zonas de Nigrán, Baiona e A Guarda.

•Ensalzamento da figura da muller nas tarefas tradicionais marítimo-pesqueiras.

• Emprego das TICS a través de diferentes plataformas para a difusión das diferentes actividades, creando un “diario de abordo” en redes sociais, onde se compartiran as diferentes experiencias. Tamén se elaborará un video-documental do proceso e resultados. Todas as ubicacións e as actividades gardaranse nun mapa interactivo de google onde se compartirá a ubicación, fotografías do lugar e relatos de experiencias. Ao finalizar o proxecto este mapa difundirase a poboación xeral. 

Principais actividades do proxecto: 

ACTIVIDADE 1: Recollida de lixo nos areais para a reutilización e imparticion de obradoiros sensoriais para persoas usuarias de AFAGA ALZHÉIMER.

Nas localidades de A Guarda, Nigrán e Baiona as persoas usuarias dos programas de AFAGA en colaboración con colexios de referencia de cada zona antes mencionada, realizan varias saídas a varios areais para a recollida de lixo e posterior reutilización dese lixo como actividade terapéutica. 

Deste xeito trabállase seguindo varias liñas: por un lado, incentivando as actividades interxeneracionais que xeran un impacto positivo a través da conexión entre xeracións; e por outro, foméntase a concienciación sobre o lixo, a reducción da contaminación, a importancia da reciclaxe. A conciencia ecolóxico-ambiental e a sostenibilidade é o núcleo que involucra a menores e maiores na importancia da paisaxe, e da biodiversidade do medio natural, en consonancia cos obxetivos da Axenda 2030. Cos usuarios realizaranse talleres co enfoque da reciclaxe.

ACTIVIDADE 2: Patrimonio e economía local para traballar a reminiscencia en persoas con Alzhéimer.

Nesta actividade conxúganse, en varias accións definidas, a diferentes entidades locais co obxectivo de fomentar a reminiscencia das nosas persoas usuarias empregando o mar, a pesca e diferentes paisaxes costeiros da zona. 

Accións divulgativas e de sensibilización que se levan a cabo:

-Actividade coa asociación "Piueiro" en A Guarda sobre as embarcacións tradicionais e a súa importancia na zona. 

-Obradoiro creativo enfronte do mural "A Guarda escritas nas estrelas" situado no espigón do porto, e explicación do mesmo, posteriormente saída a coñecer o Castro de Santa Tegra. 

-Charla en Nigrán sobre a importancia da industria conserveira e obradoiro fotográfico con refugallos das latas de conserva. 

-Actividade conxunta coa asociación ATALAIA, Redeiras de Galicia en A Guarda e Nigrán e visita as súas instalacións

-Varias saídas con diferentes grupos ao Museo do Mar, en A Guarda. 

-Obradoiro creativo en Nigrán enfronte do Club Marítimo de Panxón, e posteriormente saída a coñecer o Bosque da Memoria de Chandebrito.

-Presentación documental “O compás do Alzheimer” no Cine Imperial de Nigrán.

ACTIVIDADE DE COMUNICACIÓN: Coa colaboración da Universidade de Vigo, grupo de investigación Comunicación Persuasiva, CP2 encárgase da elaboración do "diario de abordo" para as redes sociais, onde se comparten as experiencias. Gravación do documental "O Compás do Alzheimer". 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 4.1.: Fomento do patrimonio cultural material e inmaterial. 

Actuación 4.1.1:  Proxectos de recuperación e difusión de oficios tradicionais vinculados ao sector marítimo-pesqueiro.

Obxectivo específico 4.2: Fomento do benestar social da comunidade do territorio. 
 
Actuación 4.2.1.:  Proxectos que promovan a inclusión laboral, social, cultural e recreativa de colectivos vulnerables.
 
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)