Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mapa

O GALP Ría de Vigo-A Guarda esténdese por un total de once concellos adscritos administrativamente a catro comarcas diferentes da provincia de Pontevedra.

Ningunha das catro comarcas que aparecen no seu ámbito territorial se insire aquí por completo, de xeito que non existe coincidencia entre o mapa administrativo comarcal e os seus límites.

Todos os concellos incluídos no GALP Ría de Vigo-A Guarda teñen a característica común de definir os límites terrestres das rías de Vigo e de Baiona. Pode inferirse que o criterio de inclusión é similar ao que define as cuncas hidrográficas, e que neste caso abranguería os ríos Oitavén e Verdugo, no fondo da Ría de Vigo, e o Miñor na de Baiona, así como outros menores (Fraga e Pontillón no Morrazo, Alvedosa na Ría de Vigo, e o Lagares e o Groba xa cara ao sur).

Os concellos que forman este grupo son: Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.