Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
    • Obxectivo específico 1.1: Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
    • Obxectivo específico 2.1: Contribuír á valorización dos produtos pesqueiros locais, a través de novos aproveitamentos, o incremento do seu valor engadido, o posicionamento claro no mercado e o fomento do coñecemento entre a poboación.
    • Obxectivo específico 2.2: Conseguir a creación novos de produtos e servizos turísticos intersectoriais.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
    • Obxectivo específico3.1: Acadar a conservación do medio natural na zona costeira.
    • Obxectivo específico3.2: Concienciar a axentes e entidades da zona pesqueira da necesidade de reducir as emisións contaminantes ao medio ambiente e incrementar o uso de enerxías alternativas e a eficiencia enerxética.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: O fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras como elemento para reforzar a identidade territorial, e o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
    • Obxectivo específico 4.1: Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.
    • Obxectivo específico 4.2: Acadar maiores cotas de igualdade de oportunidades desde a perspectiva de xénero, a inclusión social de colectivos desfavorecidos ou mocidade.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
    • Obxectivo específico 5.1: Poñer en práctica instrumentos para conseguir un maior empoderamento do sector para acadar un maior desenvolvemento da zona pesqueira.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6: Fomento da cooperación.
    • Obxectivo específico 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.