Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

III Premios Economía Azul

Os Premios Economía Azul teñen carácter bienal e foron creados en 2017 pola Conselleria do Mar para recoñecer os proxectos destacados subvencionados ao abeiro das axudas concedidas no marco das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP). Estas estratexias foron aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro co obxectivo de promover o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no contexto do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

Os proxectos candidatos foron seleccionados entre os propostos polos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro de Galicia (GALP)

 

 

Cales son as categorías?

Cal é o sistema de votación?

Hai tres proxectos candidatos en cada unha das categorías mencionadas e podes elixir os teus proxectos favoritos a través desta web.

Cada persoa poderá votar só a un dos proxectos de cada categoría. O proxecto que reciba maior número de votos en cada categoría será o que resulte premiado.

A votación estará aberta dende o día 4 ao 25 de novembro.

Os premios, que distinguirán os proxectos máis destacados, outorgaranse nun acto que se celebrará o 1 de decembro.

Que tipo de proxectos inclúe cada categoría?

Esta categoría ten como finalidade potenciar os proxectos que beneficien a pesca costeira artesanal, que promovan sistemas alimentarios sostibles de productos pesqueiros  que engadan valor a estos productos, que incidan na formación de novas capacidades, ou que melloren a xestión dos recursos ou da organización. Fai clic aquí se queres coñecer as candidaturas desta categoría

Esta categoría ten como finalidade apoiar os proxectos que estimulen a economía das zonas pesqueiras, reforcen o seu atractivo, capaciten ás persoas e promovan o emprendemento, entre outros. Fai clic aquí se queres coñecer as candidaturas desta categoría

Esta categoría busca promover a diversificación dentro e fóra do sector pesqueiro, en particular novas actividades neste ámbito, a ligazón do turismo e o sector pesqueiro, así como o fomento e aproveitamento do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro, entre outras. Fai clic aquí se queres coñecer as candidaturas desta categoría

Esta categoría procura apoiar a economía circular relacionada co sector pesqueiro, en particular proxectos de reutilización, reparación e reciclaxe de materiais empregados nas actividades deste eido, co obxectivo de que minimicen os residuos e contaminación e engadan valor a subprodutos relacionados coa pesca. Fai clic aqui se queres coñecer as candidaturas desta categoría