
Actividades de posta en valor de especies do mar infravaloradas. Obradoiros de alimentación. Actividades de divulgación e sensibilización ambiental. Encontros gastronómicos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1.- Mellorrar o aproveitamento de especies infravalordas e pouco coñecidas a través da creación de novas propostas para a hostelaría e para a activación de novas demandas entre as persoas consumidoras.
2.- Reducir os danos causados aos ecosistemas da Ría de Vigo e da Ensinada ao reducir a sobre explotación d especies máis demandadas.
3.- Propoñer ideas para elaborar novos produtos de cociña saudable e creativa con produtos de mar menos coñecidos e así ampliar a oferta gastronómica coa oferta de novas especies que complete a xa existente en base a ostra e a anguía de gran recoñecemento na nosa zona.
4.- Apoiar o traballo de mantemento da actividade da frota e consevación do emprego.
5.- Revalorizar produtos infravalorados e pouco coñecidos para fomentar a economía azul apoiando a diversificación da pesca.
6.- Traballar conxuntamente con persoas expertos da hostelaría local e do sector da pesca para realizar campañas de promoción e así crear novos produtos.
1.- Promover o consumo de produtos locais e dos produtos da pesca artesanal, marisqueo e a acuicultura e a súa actividade artesanal.
2.- Revalorizar os produtos infravalorados e monos coñecidos para reducir a sobre explotación das especies máis demandadas.
3.- Cambira actitudes en relación á alimentación e introducir na dieta diaria o consumo de produtos de mar de calidade qie manteñan todo o seu valor nutricional.
4.- Por en valor o patrimonio ambiental e cultural marítimo pesqueiro co fovo na cociña atlántica e o consumo de especies menos coñecidas para diversificar a pesca
5.- Promover un turismo flexible de calidade respetuoso co medio ambiente con alternativas nas zonas pesqueiras con actividades culturais e das actividades gastronómicas que poñen en valor as especies do territorioe a cultura gastronómica da zona a través de seminarios, de encontros gastronómicos e de actividades de lecer.
Actividade 1: Seminario sobre valorización de produtos pesqueiros infravalorados. Obter datos sobre a situación dos produtos infravalorados da zona para establecer mecanísmos fiables de mellorada xestión dos recursos e da cadea de valor a través da formación e información con conferencias e espazos de reflexión.
Actividade 2: Xeracións con gusto: obradorios de alimentación senior / infantíl-xuvenil. Obradoiros formativos, de concienciación e divulgación. Os participantes guiados por expertos, aprenderán a identificar as cualidades dos produtos do mar co fin de incorporar as receitas a súa vida cotiá.
Actividade 3: A lingua do mar, singladuras de divulgación e sensibilización. Actividades orientadas ao público infantíl-familiar co fin de achegarlles a realidade do sector pesqueiro artesanal.
Actividade 4: Encontros gastronómicos. Acordo coa hostelaría local para participar en encontros gastronómicos e trasladar á cidadanía a valorización dos produtos menos coñecidos a través da degustación de elaboracións sinxelas e atractivas.
OE1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.3 Promover o consumo dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura e a súa actividade produtiva
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

