Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

Misión, visión e valores da EDLP

Misión: a misión é a meta xeral que actuará como referente último da actuación da entidade.

O GALP Ría de Vigo-A Guarda vai promover o desenvolvemento de proxectos e actuacións destinados a conseguir un desenvolvemento equilibrado, sostible e integrador da súa zona marítima de influencia para beneficio do conxunto da poboación, fornecendo a presenza do sector pesqueiro en termos económicos e de emprego, respectando e preservando o medio natural e o patrimonio cultural e cunha participación real e efectiva de axentes e poboación do territorio

Visión: a visión é, en esencia, unha imaxe que se proxecta no futuro que se desexa para o GALP. É un factor utópico “ideal” que empurra a organización a actuar dunha maneira integrada.

O GALP Ría de Vigo-A Guarda quere que a súa zona costeira teña unha xestión racional, sostible e integrada do medio físico e natural, que conte cun sector pesqueiro forte capaz de xerar emprego de calidade e cun grao maior de integración con outras actividades económicas, cunha zona marítima limpa e coidada e unha revalorización do seu patrimonio cultural, contando cunha maior implicación e participación do conxunto da comunidade local.

Valores: calquera organización que promove iniciativas de carácter público ou privado ten como base unha serie de valores, que son un elemento central que artella a definición das súas estratexias. Estes son inherentes ás organizacións, pero tamén son unha determinada maneira de xestionar procesos.

O GALP asume os seguintes valores:

  • A Ría de Vigo-A Guarda debe de ser unha zona dinámica, ordenada e que xere oportunidades económicas e laborais, cunha xestión equilibrada e integrada dos recursos para conseguir un equilibrio entre riqueza, traballo, turismo e medio ambiente.
  • A necesidade de contar cun sector pesqueiro forte, con emprego de calidade e integrado noutras actividades económicas da zona costeira, a través da cooperación e a colaboración entre os diferentes axentes do territorio.
  • A conservación e a preservación da riqueza natural, cunha aposta por modelos de desenvolvemento sostible que manteñan os equilibrios dos ecosistemas e incorporen instrumentos de prevención da contaminación.
  • A aposta por un desenvolvemento urbano e turístico sostible, que conte cunha maior implicación da comunidade costeira e que prime os criterios medioambientais e culturais e a busca do benestar do conxunto da poboación.
  • A importancia do patrimonio cultural marítimo e das súas tradicións para a conformación da identidade territorial, así como a necesidade de preservalo e poñer en valor para beneficio do conxunto da comunidade.
  • A participación, implicación e información do conxunto da cidadanía e a colaboración e coordinación entre axentes territoriais como elementos centrais á hora de garantir unha boa xestión dos recursos.