
Mellora das instalacións coa implantación dunha instalación fotovoltaica e cargadores de vehículos eléctricos. Mellora dos procesos productivos coa adquisición de un fabricador de xeo en escamas, unha calibradora de moluscos, unha envasadora e implementación de software de xestión e trazabilidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo impulsar a modernización e sostibilidade da empresa mediante a incorporación de solucións tecnolóxicas e enerxéticas avanzadas que melloren a eficiencia dos procesos produtivos, a calidade do produto e as condicións de traballo.
Mediante a intalación fotovoltáica e cargadores para vehículos eléctricos reducirase o consumo enerxético e a pegada de carbono da actividade. a implantación de un software de xestión e trazabilidade, xunto con un fabricador de xeo, unha calibradora automática e inha envasadora innovadora, permitirá automatizar procesos, mellorrar o control do produto, reforzar a seguridade alimentaria e aumentar o valor engadido dos produtos da pesca e a acuicultura.
Asimesmo, o proxecto contribue a creación de emprego.
O proxecto permitirá unha modernización integral da empresa mediante a incorporación de TIC, enerxías renovables e novos equipos produtivos, mellorando a trazabilidade, a seguridade alimentaria, a eficiencia enerxética e a calidade do produto final. A instalación fotovoltáica e os cargadores para vehículos eléctricos reducirán o consumo enerxético e a pegada de carbono. O software de xestión, o fabricador de xeo, a calibradora automática e a nova envasadora optimizarán os procesos, diminuirán mermas, consumo de materiais e reducirán o uso de plásticos, xerando maior valor engadidos produtos do mar. Se melloran as condicións do traballo de traballadores e trabaladoras e se creará un novo emprego ocupado por unha muller menor de 40 anos, reforzando a igualdade de oportunidades. Os resultados serán difundidos pra favorecer a transferencia de boas prácticas ao sector.
As actuacións previstas inclúen:
- A implementación dunha instalación fotovoltáica para autoconsumo e a instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.
- A implementación dun software avanzado de xestión e trazabilidade.
- Adquisición dun fabricador de xeo en escamas.
- Adquisición de calibradora automática.
- Adquisición de envasadora.
OE1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Incrementar o valor engadido dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

