
O proxecto “A música nas artesanías primixenias do mar” é unha iniciativa de carácter social, cultural e comunitario orientada á recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio cultural mariñeiro, tanto material como inmaterial, ao tempo que promove o benestar social e a inclusión de persoas maiores, persoas con Alzhéimer, persoas con discapacidade e mulleres dos concellos de Moaña, Cangas e Vilaboa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural mariñeiro das zonas pesqueiras e acuícolas e a recuperación das artesanías tradicionais do mar e a participación activa da comunidade, reforzando a identidade territorial.
Obxectivos específicos:
- Promover a igualdade de oportunidades e a inclusión social de colectivos desfavorecidos mediante a participación en actividades vinculadas ao patrimonio do mar.
- Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural pesqueiro e mariñeiro da zona como elemento de identidade e cohesión social.
- Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural pesqueiro e mariñeiro da zona como elemento de identidade e cohesión social.
- Favorecer o recoñecemento social das persoas profesionais que traballan no sector pesqueiro e marisqueiro.
- Fomentar a participación comunitaria e a transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais vinculados ao mar.
- Mellora da igualdade de oportunidades e da inclusión social dos colectivos participantes mediante a súa participación activa nas actividades vinculadas ao patrimonio do mar.
- Incremento da sensibilización e implicación da poboación na protección e valorización do patrimonio cultural pesqueiro e mariñeiro da zona.
- Maior visibilización e recoñecemento do papel das mulleres no sector pesqueiro e na transmisión da cultura mariñeira.
- Reforzo do recoñecemento social das persoas profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro como parte esencial da identidade das zonas costeiras.
- Aumento da participación comunitaria e da transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais vinculados ao mar.
O proxecto desenvolverá un conxunto integral de actividades estruturadas arredor da recuperación, valorización e transmisión das artesanías primixenias do mar, promovendo o benestar social, a inclusión e a participación comunitaria nas zonas pesqueiras.
- Realización de rutas sonoras en mercados de abastos, peiraos e espazos de traballo vinculados ao sector pesqueiro.
- Visitas e charlas nas prazas, lonxas e confrarías.
- Actividades de divulgación ambiental e coidado do litoral: Charla divulgativa e saidas para recollida sostible de materiais procedentes do medio mariño ou de establecementos asociados para os obradorios de artesania ornamental.
- Representacións didácticas vinculadas á cultura mariñeira.
- Realización de obradoiros de cociña tradicional mariñeira.
- Visitas e charlas en carpinterías de ribeira e espazos de traballo das mulleres do mar.
- Realización de obradoiros de artesanías primixenias do mar para a recuperación e elaboración de apeiros tradicionais de pesca e marisqueo e creación de pezas ornamentais.
As actividades están dirixidas a persoas maiores, persoas con Alzhéimer e outras demencias, persoas con discapacidade e mulleres dos concellos participantes, así como á comunidade local nas accións abertas ao público, contribuíndo á cohesión social, á igualdade de oportunidades e ao reforzo da identidade cultural mariñeira.
OE4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.2. Fomento do benestar social da comunidade do territorio
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

