
O proxecto desenvolverase no litoral do municipio de Cariño, en emprazamentos singulares ligados a infraestruturas mariñas. Consistirá nunha serie de actuacións encamiñadas a poñer en valor o labor e a memoria pesqueira e marisqueira, representada neste municipio a través de colectivos clave, equipamentos e vestixios, como antigas fábricas de salgadura e conserveiras. Recolleranse as vivencias dos seus protagonistas, co labor de idear roteiros tematizadas para a promoción do patrimonio mariño material e inmaterial. No deseño dos roteiros, farase especial fincapé en atributos icónicos da paisaxe, cantís de Herbeira, miradoiro da Miranda, a zona vella, coas súas construcións mariñeiras, buscando complicidades coa veciñanza á hora de rememorar lendas, anécdotas e achegar datos históricos ou do propio peso do sector na configuración da vila e dos seus costumes.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial o vinculado ao mar, aos oficios e aos produtos pesqueiros e marisqueiros locais da Mariña - Ortegal.
Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros e marisqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sostible, reforzando a súa calidade diferencial.
Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.
Creación de novos roteiros de promoción do patrimonio ligado ao mar os seus oficios, así como a calidade dos produtos pesqueiros.
Incrementar o número de actividades de dinamización do patrimonio ligadas tanto á organización institucional como á iniciativa privada.
Incrementar do coñecemento da poboación local das singularidades do territorio (coñecemento do medio natural, costeiro e pesqueiro) dun modo sostible e respectuoso coa contorna, coa posibilidade de alentar o asentamento da poboación e o emprendemento do sector do mar e en actividades complementarias no sector servizos.
Fortalecer da cadea de valor do sector turístico do territorio (aloxamento, restauración e outros), procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media dos turistas, que se pretende diversificar con públicos máis profesionalizados (deportistas, académicos) interesados en contidos máis específicos.
Definición do proxecto a nivel estratéxico
Identificación de roteiros e trackeado, sendeirismo e BTT.
Elaboración de contidos, gravacións e códigos QR.
Deseño gráfico e adaptación WEB e redes sociais
Implementación e promoción dos contidos na páxina web de turismo do municipio, e impresión material divulgativo.
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)