Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Definición, deseño e implementación de roteiros tematizadas para a promoción do patrimonio mariñeiro do Concello de Cariño.

O proxecto desenvolverase no litoral do municipio de Cariño, en emprazamentos singulares ligados a infraestruturas mariñas. Consistirá nunha serie de actuacións encamiñadas a poñer en valor o labor e a memoria pesqueira e marisqueira, representada neste municipio a través de colectivos clave, equipamentos e vestixios, como antigas fábricas de salgadura e conserveiras. Recolleranse as vivencias dos seus protagonistas, co labor de idear roteiros  tematizadas para a promoción do patrimonio mariño material e inmaterial. No deseño dos roteiros, farase especial fincapé en atributos  icónicos da paisaxe, cantís de Herbeira, miradoiro da Miranda, a zona vella, coas súas construcións mariñeiras, buscando complicidades coa veciñanza á hora de rememorar lendas, anécdotas e achegar datos históricos ou do propio peso do sector na configuración da vila e dos seus costumes.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
Cariño Mariñeiro
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Cariño
Datos de interese: 
https://www.concellodecarino.gal/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo ( EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
17/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Cariño (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
44.528,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
44.528,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
44.528,00€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
37.848,80€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.679,20€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial o vinculado ao mar, aos oficios e aos produtos pesqueiros e marisqueiros locais da Mariña - Ortegal.
Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros e marisqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sostible, reforzando a súa calidade diferencial.
Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Creación de novos roteiros de promoción do patrimonio ligado ao mar os seus oficios, así como a calidade dos produtos pesqueiros.

Incrementar o número de actividades de dinamización do patrimonio ligadas tanto á organización institucional como á iniciativa privada.

Incrementar do coñecemento da poboación local das singularidades do territorio (coñecemento do medio natural, costeiro e pesqueiro) dun modo sostible e respectuoso coa contorna, coa posibilidade de alentar o asentamento da poboación e o emprendemento do sector do mar e en actividades complementarias no sector servizos.

Fortalecer da cadea de valor do sector turístico do territorio (aloxamento, restauración e outros), procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media dos turistas, que se pretende diversificar con públicos máis profesionalizados (deportistas, académicos) interesados en contidos máis específicos.

Principais actividades do proxecto: 

Definición do proxecto a nivel estratéxico

Identificación de roteiros e  trackeado, sendeirismo e BTT.

Elaboración de contidos, gravacións e códigos  QR.

Deseño gráfico e adaptación WEB e redes sociais

Implementación e promoción dos contidos na páxina web de turismo do municipio, e impresión material divulgativo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)