
A Confraría de Pescadores de Ribadeo pretende mellorar o crecemento económico do sector pesqueiro e marisqueiro, asegurando e garantindo a seguridade alimentaria dos produtos e as súas boas condicións hixiénico sanitarias, para o que van adquirir un equipo de capitación de auga salgada para limpeza do marisco e peixe permitindo así que o proceso se realice de forma doada e de fácil acceso para mariscadores e pescadores sen danar a calidade do produto. A fin de realizar unha boa xestión das entradas de produto en lonxa , das vendas e do almacenaxe, van adquirir 2 básculas, con capacidades distintas, unha para grandes pesadas e outra para pesadas máis precisas, automatizadas e con transmisión de datos ao equipo de etiquetado conseguindo así un control óptimo do produto e da súa trazabilidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral deste proxecto é manter e mellorar o crecemento económico da comunidade pesqueira e marisqueira asociada a esta entidade, mellorando as condicións hixiénico-sanitarias nas etapas de recepción, pesaxe, almacenamento, exposición e venta en lonxa dos produtos pesqueiros capturados.
Mellorar o procedemento de limpeza do marisco e peixe que chega á lonxa para asegurar as boas condicións hixiénico-sanitarias que garantan a seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros e melloren a competitividade no mercado da lonxa e os produtos que comercializa.
Correcta xestión dos produtos que chegan á lonxa tanto á hora da súa venta como do seu almacenaxe.
Adquisición de dúas básculas de distintas capacidades, unha para grandes pesadas e outra para pesadas máis precisas, automatizadas e con transmisión de datos ao equipo de etiquetado e trazabilidade é imprescindible nunha lonxa para unha correcta xestión do peixe e marisco que chega á mesma, tanto á hora da súa venda como de transportalo a outro punto de venda. Estas permitirán coñecer a cantidade exacta de peixe e marisco que entra e sae na lonxa.
O equipo de captación de auga salgada permitirá ter un doado punto de acceso a este recurso para que tanto os mariscadores como pescadores poidan así limpar o peixe e o marisco sen danar a súa calidade. Tamén permitirá controlar as condicións hixiénico-sanitarias as cales son fundamentais para manter a competitividade da Lonxa no mercado, dar saída ás capturas da comunidade pesqueira e mariscadora e garantir a hixiene e seguridade alimentaria en cumprimento coa lexislación vixente.
Este proxecto consiste na adquisición de instrumentos que favorecerán o desenvolvemento da actividade desta entidade solicitante nos seguintes aspectos: A adquisición de dúas básculas homologadas permite aos traballadores levar un control preciso das súas capturas á hora de chegar á lonxa, permitindo así que estas persoas profesionais poidan manter a súa actividade e obter boas rendas polo seu traballo.
A adquisición dun equipo portátil de captación de auga salgada que reforza o estado hixiénico-sanitario da lonxa coa mellora das técnicas de limpeza dos produtos pesqueiros, actividade que ata o momento se está levando a cabo de forma manual na dársena do porto obrigando a carrexar auga en baldes unha larga distancia.
O uso de ambos equipamentos quedará restrinxido para as persoas asociadas á entidade e persoal da Confraría.
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)