Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A cultura do mar na Costa da Morte

A principal finalidade do proxecto é promover unha cultura marítimo-pesqueira viva, dinámica e xeradora de contidos, que teña como eixes centrais:
1. Mellorar a información e divulgación do patrimonio marítimo, ampliando a oferta e o catálogo de actividades a realizar, diversificando as opcións no ámbito da cultura mariñeira, literatura, arte, gastronomía, ...
2. Estimular o coñecemento do medio mariño e costeiro e dos seus grandes valores que sustentan o benestar das comunidades costeiras e a súa calidade de vida, así como a concienciación e aposta por un futuro máis sostible.
3. Dignificar a cultura mariñeira e a súas actividades económicas e sociais.
A Costa da Morte ten no patrimonio marítimo, material e inmaterial, unha das maiores potencialidades de desenvolvemento e, polo tanto, é un dos principais recursos xeradores de riqueza. Para isto é necesario desenvolver actuacións de maneira que se converta nun produto de calidade, sostible e que poña en valor ás actividades económicas relacionadas co mar e co propio sector pesqueiro.
Estas actuacións, a súa vez, teñen que converterse nun reforzo de pertenza a un territorio  con identidade que supoña un orgullo para a súa xente e unha remuda xeracional das actividades relacionadas co mar. Nesta liña o impulso da cultura tamén crea sinerxías e novas iniciativas económicas de relevancia para o desenvolvemento dun territorio.
A cultura tamén é un reclamo para as persoas visitantes xa que, actualmente,  é un dos motores principais de desenvolvemento económico, axudando a crear un produto turístico de calidade. É por isto, que a Costa da Morte caracterizada pola forte imaxe do mar, convértese nunha oportunidade para seguir poñendo en valor a ampla cultura marítima existente e, a súa vez, xerar novos contidos que fagan da Costa da Morte un territorio con personalidade e identidade propia, na que o mar e a súa cultura sexa a protagonista. O proxecto pretende atender a un modelo multisectorial de desenvolvemento que integra a conexión do turismo, os recursos ambientais e o patrimonio, tendo sempre como fíos condutores os produtos e actividades pesqueiras.
O proxecto, polo tanto, pretende poñer en valor o patrimonio cultural como elemento de identidade marítima da Costa da Morte e, a súa vez, xerador de riqueza fornecendo de máis recursos a oferta turística do territorio dunha maneira sostible, implicando ao propio tecido sociocultural e o propio sector pesqueiro. Crearanse sinerxías entre sectores: turístico, cultural, social, hostalería e restauración e o pesqueiro. Avanzarase na dixitalización do patrimonio cultural con accións que inclúen a recompilación de recursos culturais existentes, xeración de novos contidos e  divulgación dos mesmos, de maneira accesible.
O proxecto conserva e promove o patrimonio adquirindo un compromiso co territorio e co sector pesqueiro para posta en valor da cultura mariñeira a través de diferentes disciplinas: lúdica, gastronómica, arte, lingua, paisaxe ... entre outras.

Datos xerais
Acrónimo: 
AtlanticHUB
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACION PROFESIONAL DE PERCEBEIROS E PERCEBEIRAS DE GALICIA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
A Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
15/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2023, 2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
68.970,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
64.614,00
Total axuda pública aprobada (€): 
56.860,32
% Subvención: 
88,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
39.802,22
FEMP (%): 
70
CA (€): 
17.058,10
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do proxecto é o de poñer en valor o patrimonio material e inmaterial ligado á tradición e a cultura mariñeira da Costa da Morte.
Como obxectivos específicos teríamos os seguintes:
1. Fomentar a participación e o empoderamento de persoas e entidades do territorio na posta en valor do patrimonio cultural ligado ao mar, a través dunha visión que realce o "patrimonio vivo" e que conte coa visión do propio sector pesqueiro.
2. Recuperar, catalogar e manter vivo o patrimonio cultural, incluíndo o que está "en risco" e o inmaterial, achegando a visión de expertos e referentes que reforcen cada unha desas áreas temáticas.
3. Poñer en valor o patrimonio, dende unha visión innovadora, na que se xeren oportunidades de dinamismo económico para o desenvolvemento da zona costeira, aproveitando as posibilidades de financiamento que ofrece o programa do FEMPA.
4. Contribuír a acadar os obxectivos das estratexias e plans ligados á Cultura Marítima de Galicia e da Costa da Morte.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os resultados que se pretenden obter co proxecto son:
1. Elaboración de 6 contedores culturais, que en función das temáticas formuladas clasifiquen dunha maneira global o patrimonio cultural ligado ao mar na Costa da Morte: o sector e as actividades marítimo pesqueiras, a literatura e tradición oral do mar, as festas e o lúdico, a gastronomía cos recursos do mar, o territorio e as manifestacións artísticas
2. Elaboración dun espazo web que serva de plataforma para salvagardar e dar a coñecer á sociedade en xeral o entramado patrimonial que define a identidade cultural da Costa da Morte e a súa dependencia e vinculación coas actividades marítimo pesqueiras, poñendo en valor este recurso para potencial o desenvolvemento turístico das vilas e pobos mariñeiros da contorna
3. Definición de potenciais nichos para a xeración de actividades de desenvolvemento económico ou turístico que aproveiten o patrimonio como elemento dinamizador, reforzando a conexión do territorio co sector do mar.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto beneficiará ao conxunto da poboación, e de maneira especial ao sector pesqueiro. As actividades a desenvolver son:
1. Actividades de animación e dinamización
1. 1. Plan de dinamización. Programación de contidos, espazos, relatorios e eventos do proxecto. Inclúe a sistematización de información do proxecto.
1.2. Análise documental. Compilación e análise de información documental (iniciativas, proxectos, documentación,...) relacionada coa cultura marítimo pesqueira do territorio.
1.3. Traballos de campo. Entrevistas a axentes clave e/ou grupos focais para contrastar información, incorporar contidos á análise documental e animar á participación nos espazos dinamizadores do proxecto. Seleccionaríanse experiencias de referencia e boas prácticas.
1.4. Espazos Xeradores de Cultura (EXC). Son conducidos por un relator (persoeiro, estudoso,...) dese ámbito e pretenden reflexionar e xerar contido cultural preservando o patrimonio cultural ligado ao mar. Realizaranse dúas reunións por cada grupo dinamizador de contidos culturais en diferentes ámbitos ou temáticas:
I. MARINA: artes, embarcacións, carpintería de ribeira, pesca e marisqueo na Costa da Morte
II. LINGUA: literatura, toponimia, lendas, da tradición marítimo pesqueira
III. LUDUS: festas, música, danza, incluíndo manifestacións relixiosas ligadas ao mar
IV. SAPOR: tradición gastronómica cos recursos do mar
V. TERRAE: coñecemento e interpretación da paisaxe, rutas patrimoniais e de valor ambiental, economía circular e pegada ecolóxica
VI. ARTIS: manifestacións nas disciplinas artísticas relacionadas co mar e a tradición mariñeira, como a pintura, escultura, debuxo, arquitectura, artesanía, etc.
Este espazos configúranse como contedores culturais, que xeran novos contidos culturais poñendo en valor o "patrimonio vivo do mundo mariñeiro na Costa da Morte".
1.5. Xornadas finais. Son un espazo de posta en común dos resultados dos EXC, fomentando o intercambio de coñecemento e aprendizaxe. Contería un espazo de divulgación dos resultados do proxecto, un espazo de valorización do patrimonio en liña cos obxectivos da EDLP, a presentación do espazo virtual e unha actividade lúdica e/ou gastronómica.
2. Actividades de divulgación
2.1. Espazo virtual. Consistiría no deseño do espazo web que recollería toda a produción cultural dos EXC. Ademais de ser un repositorio documental, sería un espazo de interacción e innovación social no eido cultural mariñeiro.
2.2. Actividades de divulgación no Festiletras. Aproveitando a programación do festival, poñeríanse en valor os resultados do proxecto a través de diferentes formatos (seminarios, concertos, laboratorios, contacontos,...)
3. Actividades de comunicación
3.1. Plan de comunicación e identidade corporativa. Deseño de identidade e aplicacións para o proxecto
3.2. Plan de medios. Xestión de RRSS e produción de contidos para medios online e offline
3.3. Microvídeos. Realización de 6 microvídeos do proxecto, en relación a cada un dos EXC.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO 4 Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zoas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.Reforzo dos elementos patrimoniais (tradicional, cultural material e inmaterial)

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)