Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

AtlanticHUB: Conectando aos Stakeholders da Costa da Morte

Proxecto promovido pola Asociación de Percebeiros e Percebeiras, que to-mando como punto de partida a diagnose do territorio e unión dos axentes locais ligados ao mar, realizan actividades de dinamización e posta en valor dos oficios mariñeiros, aproveitamento sostible dos recursos mariños e de emprendemento ao redor da economía azul.

Datos xerais
Acrónimo: 
AtlanticHUB
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACION PROFESIONAL DE PERCEBEIROS E PERCEBEIRAS DE GALICIA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
A Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
15/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2023, 2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

MUXÍA, CAMARIÑAS, VIMIANZO, LAXE, CABANA, PONTECESO, MALPICA, CARBALLO E A LARACHA

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
58.080,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
58.080,00
Total axuda pública aprobada (€): 
54.815,90
% Subvención: 
94,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.371,13
FEMP (%): 
70
CA (€): 
16.444,77
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Proxecto promovido pola Asociación de Percebeiros e Percebeiras, que to-mando como punto de partida a diagnose do territorio e unión dos axentes locais ligados ao mar, realizan actividades de dinamización e posta en valor dos oficios mariñeiros, aproveitamento sostible dos recursos mariños e de emprendemento ao redor da economía azul.

AtlanticHUB preséntase como un espazo físico/virtual para a posta en común, o intercambio, a conexión e a concentración dos grandes grupos de stakeholders ligados ao mar na Costa da Morte. Confrarías, armadores, conserveiras, pescadores, mariscadores, percebeiros, comercializadores, peixeiros, distribuidores, restauradores e consumidores terán así en AtlanticHUB un punto de encontro para intercambiar opinións, converter Costa da Morte nun auténtico “océano azul”, fomentar un maior emprendemento ligado ao mar, incentivar a investigación e a innovación na costa atlántica e camiñar, xuntos, cara ao que moitos xa denomiman o “horizonte 2030”. Nel, debúxase un futuro no que todos os sectores de actividade e a sociedade no seu conxunto transitan cara a unha maior integración, inclusión, igualdade, paridade e sustentabilidade.  
AtlanticHUB busca espremer todo o talento dos axentes do mar locais para, da man de expertos, ser capaces de definir as bases para construír un futuro no que Costa da Morte goce de máis emprendemento, de máis innovación, de máis oportunidades e de máis unión; un novo espazo de converxencia a beiras do mar no que empresas, emprendedores, traballadores e institucións se aúnen para compartir experiencias e trazar as bases para un futuro con moita menos pobreza, que garanta unha vida máis saudable para a poboación costeira, unha educación máis inclusiva e equitativa, maior igualdade, un consumo dos recursos moito máis racional, maior crecemento económico e unha contorna circular e sostible que racionalice a produción, o consumo e as inercias sociais. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Con AtlanticEye esperamos chegar a 1.000 pax
Con Atlantic Summit, a 180 pax (30 pax aprox por faladoiro e municipio). Con Atlantic Talks a unha audiencia presencial de 180 pax (media de 30 pax por faladoiro e municipio) e a unha audiencia dixital aprox de 2.000 pax. Con Atlantic Faces a 1.200 visitantes físicos nas exposicións e  5.000 virtuais na dixital que se habilitará na plataforma web e a 600 lectores. Con Atlantic Guides a 1.000 emprendedores vinculados ao mar. Con Atlantic Schools a 2.500 escolares. Cos Atlantic Adwards, acción que poñerá o broche de ouro ao programa, a unha audiencia física de 300 pax e unha audiencia en medios de 50.000 pax grazas á publicación da noticia en medios e RRSS. Para avaliar o grao de cumprimento dos resultados utilizaremos distintos tipos de indicadores. Accións que requiran presenza física, recontos de asistencia. accións habilitadas na plataforma, visualizacións e en edicións impresas, os albarás.

Principais actividades do proxecto: 

Atlantic Eye. Creación dun Observatorio para o Estudo da Situación Socioeconómica do territorio GALP Costa da Morte que, apoiado nos Atlantic Summit, ou foros de encontro que a continuación se detallan, acabe por definir un estudo da realidade social e económica do territorio GALP Costa da Morte. O observatorio, ademais de mapear a situación socioeconómica actual, concentrarase en estudar, no territorio GALP Costa da Morte, o emprendemento costeiro, a empregabilidade, a oportunidade de océanos azuis, a inercia cara ao cumprimento dos obxectivos da axenda 2030 e o potencial innovador, digitalizador e sostible da contorna. 
Atlantic Summit. Preveemos 4 grandes foros de debate por agrupación de stakeholders do sector mar do territorio GALP Costa da Morte: un foro de emprendedores e empresarios, un foro de produtores (pescadores, mariñeiros, mariscadores), un foro de confrarías e asociacións e un foro de restauradores e operadores turísticos.
Atlantic Talks. Organizaremos 4 grandes charlas en concellos do espazo GALP Costa da Morte: Emprendemento Atlántico, Océanos Azuis, Obxectivos 2030 e I+D+i Atlántico. 
Atlantic Faces. Retrataremos a 60 homes e mulleres stakeholders ligados ao mar na Costa da Morte. E xunto ao seu retrato, estenderemos unha pequena biografía que mapee a socioeconomía da comarca, prestando especial atención á parte da vida de cada persoa ligada ao mar. Co conxunto do material fotográfico e testemuñal crearemos unha exposición virtual na plataforma web do proxecto, unha exposición física e un publicación que editará 600 libros en formato papel. 
Atlantic Guides. Deseño, edición e posta ao dispor na plataforma web do proxecto de cinco guías interactivas que detallen o pasos a seguir para crear unha empresa, desenvolver un proceso creativo, deseñar un protocolo de sustentabilidade, esbozar un protocolo de turismo sostible, converter un negocio nunha iniciativa circular.
Atlantic Schools. Realizaremos un circuíto por centros educativos para expoñer unha unidade didáctica que, tomando como base a exposición Atlantic Faces e as Atlantic Guides, concience ás alumnas e alumnos da importancia de vivir, traballar, emprender, innovar e coidar os nosos municipios, animándolles ademais a participar en tres restos: un reto emprendedor, un reto innovador e un reto sostible. 
Atlantic Awards. Organizaremos uns premios para distinguir a aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que máis contribuísen ao emprendemento, a empregabilidade, a innovación e a sustentabilidade en Costa da Morte. Ademais, nestes premios condecoraremos aos alumnos gañadores dos tres retos propostos na actividade Atlantic Schools.
Plataforma Web. Será a plataforma que concentrará todas as accións dixitais do proxecto.
Campaña de promoción en RRSS e medios de comunicación. Como parte esencial da difusión, divulgación e promoción do proxecto, desenvolveremos un plan de medios que integre presenza en RRSS e e insertos en medios de comunicación local. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO 4 Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zoas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.Reforzo dos elementos patrimoniais (tradicional, cultural material e inmaterial)

4.2. Mellora do benestar social 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)