Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Valorización da actividade marisqueira na Lagoa de Baldaio

Proxecto promovido pola Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio, con enfoque innovador no sistema de xestionar os recursos marisqueiros integrando o uso de medios mecánicos a través da adquisición de maquinaria para a recolección de algas, medidas de conservación medio ambiente e actividades de concienciación, que contribúen a manter os ecosistemas en un estado de equilibrio,
á mellora da calidade de vida das familias de mariscadoras e sostibilidade da actividade.

 

Os membros da Asociación de Mariscadores de Baldaio son conscientes da gran importancia que ten a divulgación para concienciar á poboación sobre o coidado e o respecto dos ecosistemas naturais e da cultura mariñeira artesanal. Por este motivo decidiron utilizar a caseta da que dispoñen para a creación dun aula ambiental na que arrancarían as visitas guiadas. Tras unha charla introdutoria dende a caseta, na que se poñería en valor a profesión do mariscador e os productos marisqueiros, así como o ecosistema necesario para o seu desenvolvemento, comezaría a ruta polo ámbito natural que permitiría a observación de aves, endemismos vexetais, pegadas, rastros, etc.

Para mellorar a capacidade de xestión da lagoa en ocasións é preciso axudarse de maquinaria que permita axilizar os traballos. Un exemplo claro é a eliminación de algas que, en certas épocas do ano, se se dan as condicións ambientais axeitadas, teñen grandes explosións de crecemento, formando un manto verde que aboia na superficie da lagoa, impedindo o paso de luz e calor ás capas máis profundas. Posteriormente estas algas deposítanse sobre o substrato areoso impedindo o intercambio de aire entre o medio e os organismos infaunais. Dado que estas explosións de algas producen grandes mortandades nas comunidades da lagoa e en consecuencia contribúen á eutrofización da lagoa, dende lai anos veñen realizándose campañas de retirada de algas para evitar, na medida do posible os danos. Pero debido quizáis ao cambio climático, cada vez é máis frecuente este tipo de fenómenos e ademais perduran máis no tempo. Este feito ocasiona que cada vez sexa máis dificil controlar as poboacións de algas, que ata o de agora se viña facendo a man, e as consecuencias para o medio están a ser cada vez máis devastadoras.

A fin de incrementar as competencia dos membros da asociación para a xestión, protección, conservación e recuperación dos recursos marisqueiros e dos seus hábitats é preciso incorporar maquinaria específica que permita a retirada das algas.

Unha mellor xestión do ecosistema permite o enriquecemento medioambiental da zona e en consecuencia incrementa a calidade do produto o que permite a exaltación da cultura mariñeira artesanal.

A adquisición dun aparello para as algas e do tractor para o seu manexo permitirá tamén unha importante modernización das tarefas asociadas ás propias do marisqueo. 0 que indudablemente repercutirá na calidade de vida dos mariscadores, ao minorar de xeito considerable o esforzo físico que supoñen certas tarefas e ao reducir o tempo necesario para a súa realización permitindo unha mellora na conciliación laboral-familiar.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOC DE MARISCADORES FONTE DE SANTA ELENA DE BALDAIO
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
A Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
15/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Baldaio (Carballo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
90.575,42
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
70.180,00
Total axuda pública aprobada (€): 
64.916,50
% Subvención: 
92,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
45.441,55
FEMP (%): 
70
CA (€): 
19.474,95
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Este proxecto ten como obxectivo principal a mellora medioambiental na contorna ao pretender unha xestión responsable e sostible dos recuros ambientais e dos bancos marisqueiros e mariños. Tamén pretende dibulgar a actividade marisqueira e o ecosistema lagunar e destacar a enorme importancia que teñen para o desenvolvemento local da zona.

Outro obxectivo é mellorar a calidade de vida dos membros da asociación.

Tamén se pretende a concienciación do público e dos propios traballadores do mar sobre ocoidado e respeto do medio ambiente.

Outro obxectivo é poñer en valor o delicado ecosistema costeiro e mostrar actuacións máis respetuosas para desfrutalo sen danar o seu futuro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Poñer en valor a profesión de mariscador Poñer en valor o ecosistema lagunar Poñar en valor os produtos locais

Mellorar a calidade de vida dos profesionais do mar mediante a mellora das condicións laborais e fomentar a conciliación familiar-laboral

Mellorar a situación ambiental dos máis de 800.000 metros cadrados que forman a lagoa de Baldaio

Principais actividades do proxecto: 

0 acondicionamento da caseta mediante a mellora do tellado fomentando o seu illamento. Os beneficiarios serían sobre todo os visitantes que queren coñecer máis sobre a profesión do mariscador e sobre o ecosistema lagunar. Tamén se beneficiarían os propios socios ao dispoñer dun local axeitado para a realización de reunións e accións formativas.

A adquisición dun tractor e unha máquina de algas permitirá a creación dun espacio máis adecuado ambientalmente e como resultado produtos de maior calidade. Os beneficiarios serán sobre todo os organismos que viven no medio, así como os visitantes e traballodores do mesmo ao crear un espazo máis saudable.

Os membros da asociación por un lado mellorarán as súas condicións laborais e por outro fomentarase a conciliación familiar-laboral. Ao adquirir a maquinaria necesaria para a eliminación de algas redúcese considerablemente o esforzo físico e o tempo dedicado á realización da actividade. Debido ao enorme esforzo físico que require a eliminación de algas é fácil desenvolver lesións, sobre todo a nivel das costas. Ademais a eliminación de algas de xeito manual é unha tarefa moi laboriosa, polo que require de varios días, chegando a ser máis de un mes de maneira continuada, dificultando a conciliación familiar-laboral dos mariscadores.

A mellor calidade do medio beneficia ás especies que alí habitan e incrementa a calidade dos produtos que se extraen con fins comerciais. 0 aumento da calidade repercute na mellora dos beneficios dos traballores do mar e tamén na satisfación dos consumidores beneficiando o produto local e a economía azul.

As accións que se pretenden desenvolver en Baldaio benefician ao ecosistema, traballadores/as do mar, visitantes e usuarios do medio, consumidores, veciños/as, etc.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO  3  Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático.

OBXETIVO 2 Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio a diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas

Obxectivo específico da EDLP: 

3.1.   Reforzo e posta en valor dos elementos medioambientais  

2.1. Colaboración con outras actividades vinculadas á economía azul para o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)