
O proxecto está baseado na apertura dun establecemento de hostalaría, onde se poñen en valor os productos locais do mar, a cultura mariñeira e unha gastronomía saudable e de calidade.
Búscase promover unha alimentación saudable a través de productos de primeira calidade do mar e da terra. Para iso os productos do mar empregados serán productos locais de pesca artesanal e de proximidade km.0 buscando a calidade e a frescura para dar a coñecer os seus sabores e os valores nutricionais, mentres que os productos empregados da terra serán da área da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, buscando calidade e dentro do posible productos ecolóxicos. Cos este tipo de alimentación preténdese dar unha alternativa ás persoas que buscan unha alimentación equilibrada e saudable incluso fora da casa, ofrecendo menús, tapas e racións a persoas que se acheguen ao local e a embarcacións. Un dato importante a reseñar, son as persoas maiores que viven soas, en casas unifamiliares en pequenas parroquias... pois a poboación galega cabe recordar que está cada vez mais envellecida; para que os nosos maiores teñan unha alimentación sana e saudable, mediante esta iniciativa pioneira na zona, darase servicio a domicilio de menús equilibrados pensados nas necesidades de cada persoa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Apertura dun local hosteleiro de temática mariñeira, onde se poñen en valor os productos do mar locais de pesca artesanal e de terra de calidade e ecolóxicos. Con esta materia prima búscase promover unha alimentación saudable para dar unha alternativa baseada na dieta atlántica. Ademais, darase un servicio de menús saudables a domicilio para persoas maiores no concello de Sada e contorno; sen esquecer dos mais novos que terán a posibilidade de degustar tapas e racions variadas de gran calidade nutricional.
Os resultados esperados son: e a creación de emprego, dar a coñecer os productos locais e de proximidade, ofrecer comida sana e equilibrada con productos frescos e de tempada, axudar ás persoas maiores a levar unha dieta sana, variada e equilibrada en relación ás súas necesidades facilitándolles a comida a domicilio, ofrecer comida en embarcacións (servizo pioneiro na zona), ofrecer unha visión da cultura mariñeira da zona mediante a ambientación do local con decoración mariñeira e fotos tradicionais.
Levar a cabo un local con temática mariñeira, que recorde o mundo do mar, as artes de pesca da zona e a tradición mariñeira de Sada.
Realizar menús, tapas e racións con productos do mar de pesca artesanal e proximidade e con productos de terra da zona de Reserva da Biosfera e Terras do Mandeo e na medida do posible ecolóxicos.
Realizar menús para servir en embarcacións.
Levar a domicilio menús saudables para persoas maiores, atendendo ás suas necesidades particulares
Obxectivo Extratéxico 2.: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.
Obxectivo Específico 2.1.: Identificar ao final do período, ao Golfo Ártabro como un destino turístico de referencia a nivel ambiental, paisaxístico e mariñerio, dentro do xeodestino Rías Altas.
Liña de actuación 2.1.3.: Fomentar o turismo mariñeiro no territorio do GALP e iniciativas de posta en valor do mundo mariñeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)