
O proxecto baséase na colocación de 20 portas de gran tamaño con complementos de seguridade, na lonxa de A Coruña dando acceso ás diferentes salas existentes ao longo de todas as instalacións.
Estas portas cunhas medidas amplas e adaptadas ás necesidades da lonxa, inclúen todos os elementos tecnolóxicos e de innovación que permiten mellorar a climatización necesaria para garantir a conservación do peixe e marisco que se comercializa na lonxa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal do proxecto e mellorar a eficiencia enerxética da loxa de A Coruña a través da modernización das instalacións e tratando de contribuír á reducción da pegado do carbono, á mellora da concienciación do sector e á reducción de custes da empresa, o que axudaría a unha mellor competitividade no mercado e a posibilidade de manter así os postos de traballo.
Tamén se ten como obxectivo, mellorar as condicións de traballo do persoal da lonxa, grazas á mellora na climatización, que afecta tanto aos productos como ás persoas.
As melloras que se esperan con este proxecto son as seguintes:
- Mellora da eficiencia enerxética nas instalacións da lonxa
- Mellora na climatización de toda a lonxa
- Mellora na conservación e polo tanto na calidade de peixes e mariscos que pasen pola lonxa.
- Reducción da pegada do carbono, ao disminuir o consumo enerxético
- Reducción dos custes da empresa facéndoa mais competitiva e axudanso así á consolidación dos postos de traballo.
O proxecto consiste na instalación de 20 portas corredeiras (de gran tamaño con complementos de seguridade) de acceso ás diferentes salas existentes ao longo de todas as instalacións da Lonxa da Coruña.
As portas, cunhas medidas amplas e adaptadas ás necesidades da lonxa, inclúen todos os elementos tecnolóxicos e de innovación que permiten mellorar a climatización para garantir a conservación do peixe e marisco que se comercializa a diario na Lonxa da Coruña. O primeiro tratamento do peixe unha vez chegado a terra é moi importante pois influirá despois na calidade que acade o producto ao longo de toda a cadea de comercialización a nivel mundial.
Obxectivo Estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo Específico 3.2.: Contribuír á reducción da pegada do carbono.
Liña de actuación 3.2.2.: Favorecer un modelo de deselvolvemento enerxético sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

