Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Audiovisual Galicia Norte, Mares de Experiencias

Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte e o GALP A Mariña - Ortegal para impulsar a cooperación interterritorial do turismo mariñeiro, dinamizando así a economía da costa norte de Galicia.
No marco do proxecto, téñense creado 10 itinerarios turísticos que contribúen á dinamización do territorio e nesta edición do 2018, vinculáronse estes itinerarios con empresas e entidades que ofrecen servizos turísticos e actividades relacionadas co mar nos 23 concellos que forman parte do territorio que abarca o proxecto.