Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Avda del Mar 18 Mugardos

O proxecto promovido por Bestarruza Proxectos ten como obxectivo o acondicionamento dun inmoble catalogado como patrimonio cultural no municipio de Mugardos, situado fronte ao paseo marítimo, para convertelo en apartamentos turísticos.
Trátase dunha iniciativa de desenvolvemento turístico que pon en valor a identidade mariñeira da vila, establecendo unha conexión directa co sector pesqueiro local a través dun convenio coa Confraría de Pescadores de Barallobre. Esta colaboración permite fomentar o consumo de peixe e marisco fresco, apoiar o comercio de proximidade e dar visibilidade ao traballo das confrarías como parte da experiencia turística ofrecida aos visitantes.
O proxecto supón tamén a creación dun posto de traballo, ocupado por unha muller, contribuíndo á dinamización socioeconómica do territorio e reforzando un modelo de turismo sostible, vencellado ao mar e aos recursos locais.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Bestarruza Proxectos, S.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
28
Anualidades: 
3
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Mugardos

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
656.172,38€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
399.670,40€
Total axuda pública aprobada (€): 
50.000,00€
% Subvención: 
12,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.000€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
15.000€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Poñer en valor o patrimonio cultural material do territorio mediante a rehabilitación dun edificio protexido fronte ao paseo marítimo de Mugardos.
  • Incorporar a cultura mariñeira como elemento central da actividade turística desenvolvida, contribuíndo á súa preservación e divulgación.
  • Establecer convenios de colaboración con organizacións pesqueiras locais, como a Confraría de Pescadores de Barallobre, para reforzar a conexión co sector.
  • Mellorar a oferta de aloxamento turístico e restauración no ámbito territorial, apostando pola integración do produto pesqueiro fresco e de proximidade.
  • Promover a diversificación económica na zona costeira a través de iniciativas vinculadas ao turismo sostible.
  • Contribuír á creación de emprego no territorio, cun posto de traballo destinado a unha muller.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Acondicionamento integral dun inmoble catalogado como patrimonio cultural, fronte ao paseo marítimo de Mugardos, para o seu uso como apartamento turístico.
  • Mellora da oferta turística do municipio, cun novo recurso de aloxamento que incorpora valores culturais e mariñeiros.
  • Establecemento dun convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores de Barallobre, favorecendo a promoción do produto pesqueiro local e o comercio de proximidade.
  • Promoción da cultura mariñeira a través da experiencia turística ofrecida no aloxamento, xerando un maior coñecemento do sector pesqueiro entre as persoas visitantes.
  • Impulso á dinamización económica da vila e á diversificación do sector turístico en conexión co mar.
  • Creación dun posto de traballo destinado a unha muller, fomentando o emprego local con perspectiva de xénero.

 

Principais actividades do proxecto: 

Rehabilitación e acondicionamento dun inmoble, fronte ao paseo marítimo de Mugardos, para o seu uso como apartamentos turísticos, incorporando elementos de vinculación co sector pesqueiro local, a través da colaboración coa Confraría de Pescadores de Barallobre

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio e a diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino  turístico atractivo.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)