
Este proxecto ten como finalidade achegar ao alumnado de Educación Infantil e Primaria o coñecemento do mar, do patrimonio marítimo-pesqueiro e da economía azul mediante un circuíto escolar de representacións de teatro de títeres. A iniciativa promove a divulgación do patrimonio pesqueiro e dos valores vinculados ao mar a través dunha proposta educativa e cultural adaptada ao público escolar, fomentando hábitos responsables de consumo, reforzando a identidade marítima local e contribuíndo á valorización do capital humano e social das comunidades costeiras. O proxecto desenvolverase en centros educativos dos concellos do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Achegar ao alumnado o coñecemento do mar, do patrimonio marítimo-pesqueiro e da economía azul mediante unha proposta educativa e cultural adaptada ao ámbito escolar.
- Promover a valorización do patrimonio pesqueiro e da identidade marítima local entre as novas xeracións.
- Fomentar hábitos responsables de consumo e sensibilizar sobre a importancia do sector pesqueiro e das comunidades costeiras.
- Contribuír á difusión da cultura mariñeira e ao fortalecemento do capital humano e social vinculado ao mar, favorecendo a continuidade xeracional e o desenvolvemento sostible do territorio.
- Desenvolvemento dun circuíto escolar de representacións de teatro de títeres sobre o mar e o patrimonio marítimo-pesqueiro en centros educativos do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
- Participación de ata 17 centros educativos e dunhas 1.500 alumnas e alumnos de Educación Infantil e Primaria nas actividades programadas.
- Maior coñecemento do patrimonio pesqueiro, da economía azul e da importancia do sector marítimo-pesqueiro entre a poboación escolar participante.
- Sensibilización do alumnado sobre o consumo responsable, a identidade marítima local e o valor das comunidades costeiras.
O proxecto desenvolverase mediante un circuíto escolar de teatro de títeres dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. As principais actuacións previstas son:
- Organización e realización das representacións de teatro de títeres nos centros educativos participantes.
- Presentación inicial para contextualizar os contidos relacionados co mar, o patrimonio marítimo-pesqueiro e a economía azul.
- Desenvolvemento das actuacións durante o primeiro trimestre do curso escolar 2026-2027.
- Desenvolvemento de accións de comunicación e difusión dixital do proxecto.
- Deseño e impresión de material divulgativo e de apoio ás actividades.
Obxectivo 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

