Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Dieta Ártabra

O proxecto Dieta Ártabra e froito dun Plan Estratéxico de Turismo Gastronómico, sostible e saudable que pretende converter a Ferrol nunha cidade turística gastronómica. Ferrol representa un elevado número de consumidores potenciais en relación cos produtos pesqueiros, o peixe e o marisco forman parte dos patróns alimentarios deste concello, sendo motivo da boa alimentación da poboación. Dende o Concello de Ferrol consideran oportuno unha estratexia alimentaria de potenciación dos produtos pesqueiros a través da Dieta Ártabra que redundará na boa saúde da poboación e no incremento do emprego no sector.

Desta revalorización e exaltación dos produtos pesqueiros e marisqueiros da ría de Ferrol, beneficiaranse distintos sectores económicos. Por un lado, o sector da pesca para continuar mantendo as tradicións mariñeiras, así como, para dignificar as actividades do mar e dos seus profesionais, e por outro lado, o sector da hostalería e da restauración pola afluencia de turistas que visitarían Ferrol para consumir estes produtos.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Ferrol
Datos de interese: 
https://www.ferrol.gal/
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
01/12/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
30/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Ferrol

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
81.191,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
81.191,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
81.191,00€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
69.012,35€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
12.178,65€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Potenciar como imaxe de marca a Dieta Ártabra da costa ártabra, impulsando a riqueza gastronómica e a calidade do produto de proximidade.

Destacar e dar a coñecer a produción marisqueira da ría de Ferrol

Potenciar os produtos sustentables do mercado local e a súa produción QM 0

Facilitar a participación da poboacion na memoria histórica da dieta ártabra e contribuir á recuperación das tradicións culinarias locais

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Converter Ferrol nun destino de turismo gastronómico de referencia en Galicia

Incremento da venda dos produtos QM0, destacando os produtos pesqueiros da Ría de Ferrol e da Costa Ártabra

Consolidación da marca Dieta Ártabra como expresión da cultura gastronómica local

Exaltación dos produtos pesqueiros locais e difusión cultural nos distintos niveis educativos e na poboación xeral

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Creación e deseño de marca gastronómica "Dieta Ártabra"; Rexistro da marca gastronómica; Creación páxina web.

Actividade 2. Campaña gastronómica da Dieta Ártabra

Actividade 3. Deseño dun programa de Dieta Ártabra creativa na casa (vídeos de chefs para todas as persoas seguidoras da nosa gastronomía)

Actividade 4. Deseño dunha guía gastronómica da Dieta Ártabra e dos produtos do mar

Actividade 5. Fomentar a produción da ría de Ferrol e os produtos do mar

Actividade 6. Contribuír á recuperación das tradicións culinarias locais

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)