
Fundado en 2012, CabanasKdm é un club multidisciplinar, que xorde coa idea de fusionar actividades deportivas e de ocio, nun lugar privilexiado como é a praia da Magdalena de Cabanas, na comarca do Eume. En contraste cos clásicos clubs de piragüismo, de carácter eminentemente competitivo, o Cabanas KDM busca poñer a disposición de todos os públicos a posibilidade de facer deporte nas súas múltiples variantes, cunha finalidade fundamentalmente recreativa.
O barco dragón ou dragón boat é un barco cuxa tripulación está formada por 12 ou 22 remeiros (DB12 e DB22), onde un deles é o baterista, que dirixe o ritmo do golpe, e outro é o timonel, que dirixe o barco. É unha modalidade de piragüismo de orixe chinesa, con máis de 2000 anos de antigüidade.
Dragon Boat polo Golfo Ártabro é un proxecto mixto de paseos polo litoral e actividade física con especial incidencia en mulleres afectadas de cranco de mama. Fomentarase ademais o respecto ao medio ambiente e á cultura do territorio, entendendo como algo fundamental para iso o seu coñecemento (a través de charlas e xogos) e a práctica deportiva en grupo, cun carácter eminentemente non competitivo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Dar a coñecer o enorme patrimonio natural e cultural da zona, ao tempo que se desfruta dunha completa actividade lúdico-deportiva
Desestacionalizar o turismo no territorio
Recuperación das doentes de cancro de mamá a través do padexo en Dragon Boat
Promoción do Camiño Inglés
Favorecer iniciativa que crean apoio social e emocional en persoas que padecen ou padeceron cancro de mama
Apoiar o desenvolvemento da oferta turística de actividades recreativas acuáticas, como complemento ás actividades mariñeiras.
Actividade nova no territorio: Dragon Boat
Fomentar a integración da oferta de servizos no territorio dentro do sector do turismo mariñeiro e os vinculados ao mar.
Equipamento para roteiros en dragon boat 2 racing dragon boat e 20 palas de DB
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Converter o turismo e o propio turismo mariñeiro, en particular, nun novo motor económico no territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)