
Pescadería Marita é un negocio familiar con ampla experiencia na comercialización de peixe e marisco fresco, rexentado pola actual titular desde o ano 2004 e cunha longa tradición no sector. O proxecto ten como finalidade modernizar o establecemento mediante a incorporación de novo equipamento e solucións loxísticas que melloren a conservación, o tratamento e a comercialización dos produtos pesqueiros. Os investimentos permitirán optimizar os procesos de traballo, ampliar os servizos ofrecidos á clientela e reforzar a competitividade do comercio, contribuíndo á continuidade dunha actividade comercial tradicional vinculada ao sector pesqueiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Modernizar a actividade comercial mediante a incorporación de novo equipamento.
- Mellorar a conservación, manipulación e transporte dos produtos pesqueiros, garantindo a cadea de frío.
- Incrementar a eficiencia, a sustentabilidade e a competitividade da empresa.
- Diversificar os servizos ofrecidos á clientela mediante novas prestacións.
- Contribuír ao mantemento da actividade económica e do emprego vinculado ao establecemento.
Mellora da calidade e frescura dos produtos comercializados.
- Redución de perdas e optimización dos procesos loxísticos.
- Ampliación dos servizos ofrecidos á clientela.
- Incremento da competitividade fronte ás grandes cadeas de distribución.
- Mantemento da actividade comercial e dos postos de traballo existentes.
- Mellora da comercialización dos produtos pesqueiros mediante a venda directa ao consumidor.
Co obxectivo de modernizar o funcionamento da pescadería e mellorar a conservación, o tratamento e a comercialización dos produtos pesqueiros, Pescadería Marita incorpora novo equipamento destinado a optimizar a súa actividade diaria. As actuacións centrais do proxecto inclúen:
- Adquisición dun furgón isotermo con sistema de alimentación dualizado a GLP e distintivo ambiental ECO, que permitirá mellorar a loxística da empresa e garantir a conservación dos produtos pesqueiros durante a súa distribución.
- Incorporación dunha envasadora ao baleiro, destinada a mellorar a conservación, a hixiene e a presentación dos produtos.
- Instalación dun forno de convección-vapor MyChef, que permitirá ofrecer un novo servizo de cocción ao vapor de peixe e marisco para a clientela.
- Adquisición dun abatidor de temperatura, favorecendo unha mellor xestión das compras e unha maior competitividade mediante a conservación do produto en condicións óptimas.
- Instalación dun fabricador de xeo, garantindo a correcta conservación e frescura dos produtos expostos para a venda.
Estas actuacións contribuirán a modernizar a actividade comercial da pescadería, mellorando a eficiencia dos procesos, a calidade do servizo prestado e a competitividade dun comercio especializado na comercialización de produtos pesqueiros.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

