
Proxecto promovido polo Concello de Fene e apoiado por diferentes entidades vinculadas co mar que ten como obxecto principal promover e recuperar o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro de Fene, neste caso o estaleiro. Sen dúbida ningunha o feito local fenense máis relevante do século XX foi a creación da factoría naval de ASTANO en Perlío en 1941. Orixinariamente, o estaleiro dedicouse á construción de pequenos buques pesqueiros de madeira, facendo do mesmo unha referencia mundial contribuíndo á mellora do sector pesqueiro.
Por tal motivo, o Concello de Fene pon en marcha este proxecto, onde pretende crear un evento estable que axude a recuperar e aglutinar a historia do mesmo, a través tanto de historiadores, como da historia aínda viva de traballadores tanto en activo como xubilados e das súas familias, con espazos de debate e exposición desa historia, co obxectivo que quede recollida para xeracións futuras. Realizaranse varias accións, dirixidas a empoderar a todas as familias de Fene que teñan relación co estaleiro (que son a grande maioría da poboación), mesturando o que son as relacións posibles coa historia pasada, a través de accións lúdicas co obxecto de crear vínculos entre xeracións e poñer en valor as historias de vida das persoas que foron e son protagonistas da transformación do Concello, debido ao funcionamento do estaleiro.
Levarase a cabo un traslado cronolóxico aos primeiros anos de funcionamento do estaleiro, como se consumía o peixe e marisco nas tabernas polos traballadores, tentando recuperar e volver a introducir especies da ría nos rituais do tapeo de Fene, contando coa colaboración da hostalería local, así como recuperar a canción mariñeira nos bares e tabernas da vila.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Poñer en valor o patrimonio cultural material e inmaterial marítimo-pesqueiro de Fene (O Estaleiro)
Posta en valor dos produtos do mar de Fene
Dar a coñecer ó público en xeral a relevancia da actividade pesqueira, da súa tradición e da súa cultura en Fene.
Dar coñecer a importancia do estaleiro en Fene e o que supuxo na transformación da ría de Ferrol e do sector pesqueiro.
Involucrar ás novas xeracións, na historia do asteleiro tendendo pontes cos máis vellos do lugar, coñecedores de primeira man da historia do estaleiro.
Recreación do ambiente dos anos 40, 50 e 60 con diferentes actividades, nun encontro interxeracional multitudinario
Crear un espazo de reunión para traballadores, extraballadores e familiares, co obxecto de que poidan intercambiar as súas experiencias, así como recoller as súas testemuñas.
Mellora da visión do produto do mar e concretamente da Ría de Ferrol
Aumento da conexión da poboación local co mundo do mar
Incremento do valor do papel sociocultural das factorías navais, neste caso, do Estaleiro de Fene
Potenciar o consumo local de proximidade (km0) deste territorio, con produtos pesqueiros da Ría de Ferrol
1. Deseño da imaxe "Fene 1941"
2. Divulgación histórica. Ciclo de conferencias. Premio "Astano 1941"
3. Recollida da historia viva do Estaleiro. Testemuñas
4. O Estaleiro nas tabernas. Recuperación da cultura da canción mariñeira e gastronomía das décadas dos 40, 50 e 60
5. O Estaleiro nas escolas. Dar a coñecer a historia do estaleiro entre as novas xeracións de Fene
6. Encontro interxeracional
7. Recollida historia viva da xente do mar de Fene
8. Divulgación histórica do Estaleiro de Fene
9. Campaña de difusión en RRSS e medios de comunicación
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

