Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fene 1941

Proxecto promovido polo Concello de Fene e apoiado por diferentes entidades vinculadas co mar que ten como obxecto principal promover e recuperar o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro de Fene, neste caso o estaleiro. Sen dúbida ningunha o feito local fenense máis relevante do século XX foi a creación da factoría naval de ASTANO en Perlío en 1941. Orixinariamente, o estaleiro dedicouse á construción de pequenos buques pesqueiros de madeira, facendo do mesmo unha referencia mundial contribuíndo á mellora do sector pesqueiro.

Por tal motivo, o Concello de Fene pon en marcha este proxecto, onde  pretende crear un evento estable que axude a recuperar e aglutinar a historia do mesmo, a través tanto de historiadores, como da historia aínda viva de traballadores tanto en activo como xubilados e das súas familias, con espazos de debate e exposición desa historia, co obxectivo que quede recollida para xeracións futuras. Realizaranse varias accións, dirixidas a empoderar a todas as familias de Fene que teñan relación co estaleiro (que son a grande maioría da poboación), mesturando o que son as relacións posibles coa historia pasada, a través de accións lúdicas co obxecto de crear vínculos entre xeracións e poñer en valor as historias de vida das persoas que foron e son protagonistas da transformación do Concello, debido ao funcionamento do estaleiro.

Levarase a cabo un traslado cronolóxico aos primeiros anos de funcionamento do estaleiro, como se consumía o peixe e marisco nas tabernas polos traballadores, tentando recuperar e volver a introducir especies da ría nos rituais do tapeo de Fene, contando coa colaboración da hostalería local, así como recuperar a canción mariñeira nos bares e tabernas da vila.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Fene
Datos de interese: 
https://fene.gal/turismo/historia/gl
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
19/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
91.439,70€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
57.196,70€
Total axuda pública aprobada (€): 
45.757,36€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
32.030,15€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
13.727,21€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Poñer en valor o patrimonio cultural material e inmaterial marítimo-pesqueiro de Fene (O Estaleiro)

Posta en valor dos produtos do mar de Fene

Dar a coñecer ó público en xeral a relevancia da actividade pesqueira, da súa tradición e da súa cultura en Fene. 

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dar coñecer a importancia do estaleiro en Fene e o que supuxo na transformación da ría de Ferrol e do sector pesqueiro.

Involucrar ás novas xeracións, na historia do asteleiro tendendo pontes cos máis vellos do lugar, coñecedores de primeira man da historia do estaleiro.

Recreación do ambiente dos anos 40, 50 e 60 con diferentes actividades, nun encontro interxeracional multitudinario

Crear un espazo de reunión para traballadores, extraballadores e familiares, co obxecto de que poidan intercambiar as súas experiencias, así como recoller as súas testemuñas.

Mellora da visión do produto do mar e concretamente da Ría de Ferrol

Aumento da conexión da poboación local co mundo do mar

Incremento do valor do papel sociocultural das factorías navais, neste caso, do Estaleiro de Fene

Potenciar o consumo local de proximidade (km0) deste territorio, con produtos pesqueiros da Ría de Ferrol

Principais actividades do proxecto: 

1. Deseño da imaxe "Fene 1941"

2. Divulgación histórica. Ciclo de conferencias. Premio "Astano 1941"

3. Recollida da historia viva do Estaleiro. Testemuñas

4. O Estaleiro nas tabernas. Recuperación da cultura da canción mariñeira e gastronomía das décadas dos 40, 50 e 60

5. O Estaleiro nas escolas. Dar a coñecer a historia do estaleiro entre as novas xeracións de Fene

6. Encontro interxeracional

7. Recollida historia viva da xente do mar de Fene

8. Divulgación histórica do Estaleiro de Fene

9. Campaña de difusión en RRSS e medios de comunicación

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)