
O Proxecto Fene Mar Vivo iniciado no 2017 obtivo un gran éxito o que levou ao Concello de Fene a seguir apostando por ser un concello de esparcemento para todas as persoas que estean pola zona de Ferrolterra e tamén pola cultura indiana ou de ultramar que xogan un papel importante na diferenciación deste concello, polo que consideran necesario unha fase de consolidación a través do proxecto Fene Mar Vivo Plus, na que promoveran os produtos do mar de Fene en dúas "festas de exaltación do produto", unha dedicada aos bivalvos e outra aos crustáceos, co obxecto de apoiar ao sector pesqueiro do territorio, dando a coñecer o produto e contribuír a un aumento nas ventas do mesmo. Tamén se realizaran dous cursos de tratamento de produtos do mar e outro de comercialización online.
Tense demostrado que a idea do "Fene Indiano" segue a coller forza e cada vez a cidadanía deste concello está máis concienciada coa importancia de recuperar esa historia pasada, por iso nesta edición queren darlle un impulso definitivo á recuperación da historia deste concello costeiro. Impulsarase un produto turístico vencellado á historia e aos produtos do mar, marcado pola calidade, o coñecemento á historia e o patrimonio. Converter en referencia anual na que as xentes de Fene e as espalladas por toda a Ría de Ferrol presuman do seu pasado ligado ao mar, un evento de difusión da cultura e a historia mariñeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Valorización e comercialización dos produtos do mar de Fene dentro das diferentes empresas de transformación e de turismo da zona.
Protexer e divulgar o patrimonio pesqueiro, arquitéctonico e cultural de Fene
Conxugar un servizo público vencellado ao turismo, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira de Fene
Manter un marca e un escaparate único, para difundir a actividade dun Fene Vivo, ligado ao mar, conseguindo romper coa estacionalización da demanda turística.
Ligar o mar coa mesa, traballando co sector turístico e comercial coa colaboración na realización de actuacións de promoción do produto do mar de Fene, co obxecto de aumentar o coñecemento sobre os mesmos entre o público en xeral.
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Fene, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación; unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.
Promoción da marca "Fene Vivo" como símbolo de identidade que engloba un novo modelo de desenvolvemento.
Apoiar a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do Concello de Fene.
Fomentar o crecemento económico a tavés da colaboración entre toda a rede creada, para que haxa unha inclusión e mobilidade laboral entre sectores.
Formación: Impartición de dous cursos de tratamento de produtos do mar e un curso comercialización online
Accións de difusión de Fene Indiano
Actividades de exaltación dos produtos do mar de Fene, unha acción dedicada aos bivalvos e outra dedicada aos crustáceos, coa colaboración da Confraría de Pescadores de Barallobre.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)