Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Exaltación de produtos da confraría: Coñece os recursos da ría de Ferrol

A Confraría de Pescadores de Ferrol pon en marcha un proxecto de promoción do peixe e marisco da Ría de Ferrol, centrado nunha serie de xornadas gratuítas e abertas ao público, co obxectivo de dar a coñecer o produto local, fomentar o seu consumo responsable e destacar o traballo do sector pesqueiro artesanal.
As actividades terán lugar entre os días 11 e 20 de abril de 2025, na carpa instalada no Peirao de Curuxeiras (Porto de Ferrol), coincidindo coa Semana Santa e a III Edición da Festa do Marisco de Ferrol, aproveitando tamén o paso do Camiño Inglés do Camiño de Santiago.
Durante estas datas desenvolveranse:
Obradoiros de peixeira a cargo de persoal da peixería da Confraría "A Túa Lonxa".
Showcookings diarios impartidos por cociñeiros da empresa Ferrolterra.
Obradoiro tradicional cunha mariscadora e unha cociñeira local.
Charla divulgativa dun biólogo da Confraría sobre especies, recursos, vedas e rexeneración da ría.
Tamén se porá especial énfase na trazabilidade, calidade do produto, respecto ás vedas e conservación do medio mariño, mediante accións de sensibilización ambiental e consumo responsable.
Ademais, realizarase unha campaña de publicidade en prensa, radio e televisión para promocionar a III Feira do Marisco de Ferrol.
Este proxecto beneficia ao conxunto da Confraría de Pescadores de Ferrol e ás persoas profesionais do mar que a integran, promovendo de forma directa a actividade da pesca e o marisqueo local.
A iniciativa contribúe á valorización da pesca costeira artesanal, fomentando o consumo de produtos da ría, a educación ambiental e mariñeira, así como o recoñecemento social do traballo das persoas do mar. Promóvese unha actividade sostible, ligada á identidade cultural e económica da zona, xerando impacto positivo tanto na comunidade como no tecido económico local.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Ferrol
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
01/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
-
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Ferrol

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
19.400€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
19.400€
Total axuda pública aprobada (€): 
19.400€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
13.580€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
5.820€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
9
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

•  Promover o consumo de peixe e marisco da ría de Ferrol, destacando a súa calidade, frescura e valor nutricional.
•  Difundir e poñer en valor a actividade da pesca costeira artesanal e o traballo das persoas mariscadoras e peixeiras.
•  Sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da sustentabilidade mariña e o respecto polos períodos de veda e os ecosistemas.
•  Achegar o produto local ás persoas consumidoras a través de actividades divulgativas, showcookings e obradoiros prácticos.
•  Reforzar a imaxe da Confraría como entidade xeradora de valor económico, social e cultural no territorio.
•  Impulsar o comercio de proximidade e o turismo ligado ao mar, coincidindo co inicio do Camiño Inglés e a Semana Santa.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

•  Aumento da visibilidade e coñecemento do produto pesqueiro da ría entre a poboación local e visitantes.
•  Mellora na percepción e recoñecemento social da profesión mariscadora e da pesca artesanal.
•  Participación activa da cidadanía en actividades divulgativas e lúdicas vinculadas ao mar e á súa cultura.
•  Establecemento de vínculos entre a Confraría e novos públicos consumidores, hostalería e axentes turísticos.
•  Contribución á preservación do patrimonio mariñeiro e ao fomento do relevo xeracional.
•  Dinamización económica e comercial da Confraría e do conxunto do sector pesqueiro artesanal local.

 

Principais actividades do proxecto: 

•  Actividades de difusión, divulgación ou sensibilización: Instalación dunha carpa no Peirao de Curuxeiras durante a celebración da III Festa do Marisco de Ferrol 2025, destinada á realización de actividades gratuítas para o público asistente: obradoiros, showcookings, charlas divulgativas e accións de sensibilización sobre a pesca artesanal e os recursos mariños locais.
•  Comunicación e marketing: Desenvolvemento dunha campaña de promoción e publicidade en medios de comunicación (prensa escrita, radio e televisión) para dar visibilidade á Festa do Marisco 2025 e ás accións de promoción dos produtos da Confraría de Ferrol, co obxectivo de atraer visitantes, promover o consumo responsable e reforzar a imaxe da pesca costeira artesanal.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprega nas zonas pesqueiras e acuícolas

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)