
Orballo é unha empresa de Paderne constituída no ano 2012 que ofrece produtos ecolóxicos que cultivan poñendo en valor diferentes especies. Este proxecto está enfocado a ampliar a capacidade de comercialización actual desta entidade apostando por unha nova liña que pretende resaltar o sabor do Camiño de Santiago a través do uso dos produtos do mar (algas) en combinación con plantas aromáticas e medicinais galegas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Incrementar o valor económico no territorio non soamente xerando emprego, senon colaborando con empresas da zona para que tamén estas, a través das sinerxias, diversifiquen e se poidan beneficiar do arrastre deste novo produto diferenciado.
Creación dunha nova liña de infusións con algas
Xerar emprego estable e de calidade a través de empregos directos (1 novo posto de traballo) e empregos indirectos (empregos vinculados a provedores)
Ampliar a gama de produto actual, incluíndo novos ingredientes do mar
Xerar sinerxias con outras empresas da zona (servizos de restauración, empresas de produción de algas e mesmo empresas turísticas, xa que esta empresa conta cunhas instalacións visitables)
Mellora do coñecemento da empresa en aplicacións de algas e produtos do mar en infusións e tés.
Para realizar esta nova liña de infusións con algas é preciso contar con maquinaria propia para realizar un envasado en pirámides:
Maquinaria liña de envasado: Despalitadora; molino cortador; mezcladora; clasificador.
Maquinaria liña de procesado: Máquina cartonadora; empacadora en caixas de cartón.
Equipos informáticos: 2 ordenadores
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)