
Este proxecto ten como finalidade mellorar a comercialización, distribución e valorización dos produtos pesqueiros da Confraría de Barallobre mediante a modernización dos medios loxísticos e do equipamento empregado na actividade. Para iso, contempla a adquisición dun vehículo isotermo con equipo de frío e alimentación a GLP, dun vehículo anfibio destinado á rexeneración e mantemento dos bancos marisqueiros, a incorporación de bombas de captación de auga de mar máis eficientes e a mellora do sistema de seguridade da lonxa, co obxectivo de incrementar a eficiencia operativa, optimizar o transporte, a conservación e a depuración dos produtos pesqueiros e avanzar cara a un modelo de actividade máis sostible desde o punto de vista ambiental e enerxético.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar a valorización, distribución e comercialización dos produtos do mar procedentes do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
- Mellorar a eficiencia loxística e operativa da actividade mediante a modernización dos medios empregados na comercialización e distribución dos produtos pesqueiros.
- Avanzar cara a un modelo de actividade máis sostible desde o punto de vista ambiental e enerxético mediante a incorporación de novos equipamentos.
- Reforzar a competitividade e a creación de valor na cadea de comercialización dos produtos pesqueiros.
- Mellora da comercialización dos produtos pesqueiros mediante a optimización da distribución e da venda directa.
- Garantía da calidade, frescura e trazabilidade dos produtos durante o transporte, mantendo a cadea de frío e reducindo as perdas por deterioración.
- Mellora do mantemento e da rexeneración dos bancos marisqueiros mediante actuacións mecanizadas de aireación e remoción controlada do substrato, favorecendo o asentamento da semente e a produtividade natural.
- Optimización dos procesos de depuración e limpeza dos produtos grazas á incorporación de bombas de captación de auga de mar máis eficientes, reducindo o consumo enerxético e mellorando a operatividade.
- Reforzo da seguridade das instalacións e protección do produto e dos equipamentos mediante a mellora do sistema de alarma da lonxa.
O proxecto articúlase arredor de varias actuacións orientadas á modernización dos medios loxísticos, á mellora da comercialización dos produtos pesqueiros e ao reforzo da sustentabilidade e da eficiencia da actividade da Confraría, entre as que destacan:
- Adquisición dun vehículo isotermo con equipo de frío para mellorar o transporte, a conservación e a comercialización dos produtos pesqueiros, garantindo o mantemento da cadea de frío.
- Incorporación dun vehículo anfibio con sistema de arado para a rexeneración e o mantemento dos bancos marisqueiros mediante tarefas de aireación e remoción controlada do substrato.
- Instalación de bombas de captación de auga de mar máis eficientes para optimizar os procesos de depuración, limpeza e mantemento dos produtos pesqueiros, mellorando a eficiencia operativa.
- Mellora da seguridade da lonxa mediante a incorporación dun detector de movemento integrado no sistema de alarma para a protección das instalacións, dos equipamentos e do produto almacenado.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

