
O GALP Ría de Vigo A Guarda recibiu na data do 6 de xuño de 2024 a devolución da proposta de aprobación e desestimación de proxectos emitida na data do 18 de abril deste ano. Reunida a Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo A Guarda , o pasado 12 de xuño de 2024 en Vigo acordou a modificación da proposta inicial atendendo as incidencias sinaladas na proposta pola Xefatura de Servizo de Desenvolvemento de Zonas de Pesca. Deste xeito publícase unha nova proposta de aprobación e desestimación de proxectos que ten carácter provisional.
CERTIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/modificacion-de-proposta-def...
PROPOSTAS DETALLADAS
Anexo I partida 770
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-i-partida-770-0
Anexo I partida 780
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-i-partida-780-0
Anexo II desestimados
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-ii-desestimados-0
Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos da convocatoria de 2024 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Vigo A Guarda .
Tal como se reflicte no artigo 20.1 das Orde de axudas do 28 de decembro da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da citada Orde.

