
O proxecto "Experiencia mariñeira: Liña e cordel" desenvolverá un conxunto de actividades de turismo mariñeiro interpretativo, sensibilización ambiental e valorización do patrimonio pesqueiro na Ría de Vigo, dirixidas a achegar á cidadanía a realidade da pesca artesanal sostible.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral é impulsar unha experiencia de pescaturismo sostible que contribúa á diversificación económica do sector pesqueiro, á valorización do patrimonio mariñeiro e á sensibilización ambiental.
Como obxectivos específicos destacan a xeración de ingresos complementarios, a desestacionalización da actividade turística, a promoción do produto local, a educación ambiental da cidadanía e a redución de residuos e emisións.
Permitirá poñer en marcha unha nova oferta estable de pescaturismo en Cangas do Morrazo, xerando ingresos complementarios compatibles coa actividade pesqueira artesanal, contribuíndo ao mantemento do emprego e favorecendo a desestacionalización turística mediante a realización de saídas durante todo o ano.
Espérase unha maior valorización social do oficio mariñeiro e do produto pesqueiro local, así como un impacto inclusivo a través da colaboración con entidades sociais e educativas.
No ámbito ambiental, o proxecto promoverá a sensibilización sobre a conservación dos ecosistemas mariños, mediante limpeza anual das praias, reciclaxe a bordo, navegación eficiente e uso de recursos dixitais para reducir a pegada de carbono.
Actividades de turismo mariñeiro interpretativo, sensibilización ambiental e valorización do patrimonio pesqueiro na Ría de Vigo, dirixidas a achegar á cidadanía a realidade da pesca artesanal sostible.
As accións principais consisten na realización de saídas de pescaturismo en embarcación profesional para un máximo de dúas persoas por quenda, en horario de mañá ou tarde, nas que se levará a cabo navegación interpretativa por espazos de alto valor ecolóxico incluídos na Rede Natura 2000 e no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Durante a experiencia mostrarase o uso das artes de pesca con liña e cordel, explicarase o oficio mariñeiro, a trazabilidade do produto na lonxa e a importancia da conservación dos ecosistemas mariños e da súa biodiversidade, finalizando cunha degustación de produtos da pesca local.
O proxecto incorpora a realización anual de accións de limpeza de praias, a sensibilización sobre cambio climático e aforro enerxético, así como o uso de ferramentas dixitais (tablet e guía electrónica de especies mariñas) para reducir o consumo de materiais impresos e a pegada de carbono.
Prevese tamén a colaboración con entidades sociais, incluídas asociacións vinculadas á síndrome de Down, para o desenvolvemento de obradoiros do mar de carácter inclusivo e a difusión accesible da actividade, garantindo a participación en condicións de igualdade e contribuíndo á sensibilización social.
OE2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas devanditas zonas.
2.1. Mellorar a competitividade dos sectores tradicionais da economía azul, como son a pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, a través da colaboración con outras actividades vinculadas a ela.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

