
Adquisición de unha trainera para mulleres veteranas do clube. A iniciativa busca promover a incorporación, mantemento e potenciación do remo como deporte competitivo a nivel autonómico ou nacional. A iniciativa busca ofrecer formación física e técnica, atender as necesidades das deportistas con ou sen experiencia, mellorado a súa saúde, a cohesión do grupo e a proxección sociocultural da muller no deporte.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1) Fomentar a práctica regular do remo entre mulleres veteranas, mellorando condición física, coordinación e resistencia e técnica.
2) Ofrecer formación integral adaptada (física, técnica, médica, nutrición e prevención de lesións) para a saúde e a continuidade deportiva.
3) Promover a inclusión e visibilidade das mulleres veteranas no remo, facilitando a participación en regatas e eventos.
4) Protexer e fortalecer a cohesión de grupo, autoconfianza e benestar psicoemocional.
5) Promoción dun deporte tradicionalmente masculino, agora accesible e practicado por mulleres, fomentando a inclusión e a igualdade de xénero no deporte.
6) Prácticas responsables co medio ambiente: redución de residuos, uso eficiente de recursos, e adopción de normas de navegación que minimicen impacto ambiental.
7) Garantir a non discriminación e a igualdade de oportunidades: acessibilidade.
Actividades para fomentar a práctica do remo entre mulleres veteranas e xerar un impacto positivo na comunidade. As accións específicas son:
-Escola de remo de traiñas: Creción dunha escola dirixida ás nenas do clube, co obxectivo de transmitirlles a paixón polo remo e formar a futuras xeracións de remeiras.
-Turismo náutico: Implementar actividades de turismo náutico para dar a coñecer o remo como deporte tradicional, así como a cultura marítima local, brindando talleres e paseos en traiñas.
-Día da veterana: Celebración dun día especial na honra ás mulleres veteranas, con degustación de produtos do mar, integrando a gastronomía local e fomentando o coñecemento dos nosos recursos mariños.
-Día dos océanos: Realización de accións de concienciación ambiental, como limpezas de praias e montes, involucrando á comunidade na protección do entorno natural.
-Día do turismo sostible: Organización de paseos guiados pola ría, promovendo a conexión coa natureza e o turismo responsable.
-Remo na rúa: Levar o remo ás rúas mediante eventos de visibilización, realización de demostracións e actividades lúdicas para todos os públicos, achegando o deporte á comunidade.
-Exposición na capela da alameda: Exposición que reflicta a historia do remo, destacando logros pasados e presentes das nosas remeiras, así como de oficios tradicionais como mariñeiros e redeiras, para valorar a herdanza cultural.
-Regata feminina polo Día da Muller: Organización dunha regata exclusivamente feminina e convidando a clubes da zona, creando un espazo de competición e camaradería que celebre a igualdade de xénero no deporte.
-Talleres de formación: Talleres sobre técnicas de remo, saúde e nutrición, así como formación en prevención de lesións, asegurando que as participantes teñan unha preparación integral.
-Charlas sobre sustentabilidade: Charlas e actividades educativas sobre prácticas sostibles, reciclaxe e aforro enerxético, fomentando a conciencia ambiental entre todas as participantes.
-Actividades interxeracionais: Eventos que integren a distintas xeracións, onde mulleres veteranas compartan a súa experiencia con novas remeiras, creando un ambiente de aprendizaxe e respeto.
O.E.2.: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas devanditas zonas.
Mellorar a competitividade dos sectores tradicionais da economía azul, como son a pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, a través da colaboración con outras actividades vinculadas a ela
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

