Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Embarque "Relevo xeracional: O futuro do mar"

 
O día 14 de xullo tivo lugar en Aldán unha experiencia de embarque para alumnado que forma parte das actuacións levadas a cabo dentro do proxecto de cooperación promovido polos GALPs galegos, "Relevo xeracional: O futuro do mar".
Nesta ocasión, Mohamed de 16 anos viviu unha xornada de embarque a bordo do pesqueiro Castro da Costa, patroneado por Damián.
A actividade permitiulle coñecer e disfrutar da experiencia completa dun dia de traballo no mar. Acompañou e axudou na pesca con nasas, onde capturaron un total de 65 quilos. Para completar a experiencia, ao chegar a terra realizouse na lonxa a pesada de capturas e a venda do produto.
Estas experiencias permiten una toma de contacto ideal para por en valor a oportunidade laboral que ofrece o mar as novas xeracións.