O proxecto “Deporte na Costa” é unha proposta integral que busca potenciar a práctica deportiva no litoral de Oleiros, aproveitando os recursos naturais da zona e fomentando un estilo de vida activo, saudable e sostible. A iniciativa engloba actividades náuticas (paddle surf, deportes de vento, kayak), sesións de adestramento funcional, pilates e ioga sobre táboas, clases en instalacións deportivas e actividades híbridas no medio natural (area, mar, río, etc.). Ademais, integrarase deporte adaptado e charlas de concienciación ambiental, con accións orientadas á educación, á inclusión e á sustentabilidade.
O proxecto aposta por desestacionalizar a práctica destes deportes tradicionalmente vencellados ao verán, ofrecendo unha programación continuada durante todo o ano. Para isto, farase unha ampla campaña de visibilización a través de redes sociais, páxina web, publicidade física e colaboración con negocios locais.
Ademais, está previsto o emprego de materiais reciclados, a instalación de sistemas de baixo consumo enerxético e a organización de actividades medioambientais como recollidas de lixo e charlas educativas, promovendo así un modelo de economía circular e baixo en emisións de carbono.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Potenciar a práctica deportiva ao aire libre e en contacto co medio natural.
-
Dar visibilidade e poñer en valor a costa de Oleiros como espazo de deporte, lecer e saúde.
-
Desestacionalizar a actividade turística e deportiva no litoral.
-
Mellorar a empregabilidade a través da creación de novos postos de traballo.
-
Fomentar a inclusión social e a accesibilidade no deporte.
-
Promover o consumo responsable e de proximidade, en especial de produtos do mar.
-
Concienciar sobre a importancia da sostibilidade e o coidado do medio mariño.
-
Apostar pola innovación e a economía circular no sector deportivo.
-
Aumento da práctica deportiva entre a poboación local e visitantes.
-
Maior visibilidade e valorización do litoral como espazo de actividade sostible.
-
Creación de novos empregos ligados ao turismo deportivo e á educación ambiental.
-
Expansión da comunidade vinculada ao deporte náutico e á vida saudable.
-
Redución da estacionalidade da actividade deportiva e turística na zona.
-
Mellora da imaxe ambiental grazas ás accións de reciclaxe, recollida de lixo e uso de materiais sostibles.
-
Incremento na contratación de servizos locais e dinamización da economía do entorno.
-
Promoción da igualdade de oportunidades no acceso ao deporte.
-
Organización de clases e rutas de paddle surf, kayak e deportes de vento durante todo o ano.
-
Sesións combinadas de adestramento funcional, ioga e pilates sobre táboas ou en espazos naturais.
-
Actividades para colectivos con diversidade funcional e charlas de concienciación ambiental.
-
Accións formativas e de promoción nos colexios para dar a coñecer o deporte náutico.
-
Eventos deportivos e actividades de grupo dirixidas a empresas e asociacións.
-
Campañas de visibilidade online e offline (web, redes sociais, negocio físico, negocios locais).
-
Promoción do consumo de produtos pesqueiros mediante charlas e actividades nutricionais.
-
Recollidas de lixo nas praias, implementación de sistemas de reciclaxe e promoción do uso de materiais reciclados.
Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Obxectivo específico 2.1: Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade laboral.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

