Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ESCOLA DE NAVEGACIÓN TRADICIONAL DE PORTONOVO

As actividades céntranse en tres ámbitos principais: bautismos de mar e madeira, cursos de iniciación á navegación tradicional e participación en eventos de promoción da cultura mariñeira. Para desenvolvelas combínanse accións en terra —visitas guiadas, formación en seguridade e navegación, e coñecemento das embarcacións tradicionais— con actividades no mar, como saídas prácticas en embarcacións tradicionais, percorridos pola ría e participación en encontros de embarcacións tradicionais.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00102
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Amigos da Dorna de Portonovo
Datos de interese: 
https://amigosdadorna.org/ https://www.facebook.com/AmigosDornaPortonovo/?locale=es_ES https://www.instagram.com/amigosdadorna/
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
PE155A - ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
20/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Portonovo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
12.049,84 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
12.049,84 €
Total axuda pública aprobada (€): 
12.049,84 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.434,90€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
3.614,95 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Que a transmisión da cultura popular do mar e dos saberes da navegación tradicional continúe e non se perda nesta xeración.
  • Fomentar entre a sociedade unha aproximación reflexiva á nosa ría e á súa realidade humana e natural.
  • Axudar a dignificar o traballo no mar, amosando a realidade diaria dos profesionais na ría de Pontevedra.
  • Transmitir unha serie de valores positivos como a conservación do patrimonio, a concienciación ambiental, o intercambio xeracional e a práctica do deporte da vela.
  • Potenciar a integración das persoas con discapacidade, programando actividades especificamente deseñadas para elas.
  • Abrir aínda máis a nosa asociación á sociedade, coa esperanza de que compartir tempo e coñecemento con persoas interesadas sexa a mellor forma de garantir a continuidade da propia entidade
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • O desenvolvemento social e a mellora na conservación e posta en valor dos recursos patrimoniais (culturais e naturais) marítimo pesqueiros como sinal de identidade do territorio e da cultura mariñeira.
  • Incremento do coñecemento do patrimonio inmaterial marítimo pesqueiro.
  • A diversificación económica a través dun proxecto vinculado ao mundo da pesca pero baseado nunha serie de actividades ligadas ao turismo mariñeiro e sustentable.
  • Incremento da desestacionalización da oferta turística do territorio a través da diversificación da oferta de actividades, non só turísticas, senón culturais, patrimoniais, de ocio e lecer, entre outras.
  • A promoción da cohesión social e a igualdade, así como da accesibilidade universal nas infraestruturas, instalacións e equipamentos marítimo pesqueiros
Principais actividades do proxecto: 

 

 

  • dentro do proxecto da escola de navegación tradicional de portonovo van ser realizadas entre os meses de xuño e setembro e cunha periodicidade semanal (se ben as datas concretas van depender das condicións meteorolóxicas e serán comunicadas con suficiente antelación) tres tipos de actividades ben diferenciadas:

Por un lado están os bautismos de mar e madeira, que van ser unha serie de saídas de navegación (10 saídas de 4 horas de duración cada unha) orientadas a ofrecer aos participantes un primeiro contacto coa navegación nunha embarcación tradicional.

  • Vanse beneficiar destas saídas un total de 40 individuos (4 por cada xornada) e a metade das prazas estarán reservadas para persoas con discapacidade (ofrecidas a asociacións do territorio dedicadas ao apoio á discapacidade, como "aspace", "juan xxiii" ou "xuntos").
  • Nestas xornadas vaise visitar por terra o entorno do porto de portonovo (ofrecendo unha visión xeral do traballo dos diferentes profesionais do sector) e por mar a diferentes portos e puntos de interese etnográfico e natural da ría, así como zonas nas que se poidan observar actividades pesqueiras e marisqueiras en directo.

Polo outro temos o curso de iniciación á navegación tradicional, que vai consistir nunha formación teórico-práctica de 20 horas de duración dividida en 5 xornadas e da cal vanse poder beneficiar un total de 20 persoas (divididas en dous grupos de 10 individuos).

  • O perfil dos potenciais beneficiarios é o dunha persoa que ten interese pola vela e/ou as embarcacións tradicionais e, sendo así, o noso obxectivo neste caso é ofrecer un achegamento inicial ao mundo da vela tradicional e transmitir os coñecementos para que os participantes adquiran unhas habilitacións básicas como patrón.

 

E finalmente a participación en eventos dentro do territorio da ría de Pontevedra con presenza de embarcacións tradicionais galegas (como o festival do cine do mar de Marín, o encontro de embarcacións tradicionais de Bueu, a festa do mar de Combarro e a feira franca de Pontevedra)

  • Neste caso o cupo de participantes será de 40 persoas (10 por cada evento mencionado) e a actividade consistirá nunha navegación no entorno do punto de celebración (o traslado das embarcacións farase previamente en remolque) e unha visita guiada ás embarcacións alí presentes, con explicacións sobre as diferentes tipoloxías e usos.
  • En tódolos casos a inscrición nas actividades será aberta e gratuíta (a través da súa difusión pública) e en caso de ser necesario completarase o número de participantes (ata o máximo de 100 xa mencionado) a través do convite directo a colectivos sociais e culturais do territorio do Galp da ría de Pontevedra.
 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

Aproveitamento do patrimonio natural e cultural

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)