O proxecto “Mellora das condicións de traballo, seguridade e profesionalidade do sector” ten como finalidade reforzar os medios materiais da Confraría de Pescadores da Coruña para mellorar a xestión, protección e explotación sustentable dos recursos mariños, así como as condicións de traballo e seguridade do colectivo profesional.
As actuacións previstas inclúen, en primeiro lugar, a adquisición dunha embarcación destinada ás labores de vixilancia, xunto con equipamentos auxiliares como prismáticos e lanternas, co obxectivo de reforzar o control dos bancos marisqueiros e intensificar a loita contra o furtivismo n segundo lugar, o proxecto contempla a adquisición dunha embarcación equipada con grúa, destinada a apoiar aos socios da confraría nas labores de mantemento, mellora e recuperación dos bancos marisqueiros, incluíndo tarefas de limpeza de residuos, acondicionamento do substrato e apoio loxístico aos traballos colectivos.
O proxecto inclúe tamén a adquisición dun compresor, destinado aos traballadores da confraría que realizan labores de mergullo tanto para a extracción de mostras de recursos específicos, como ourizo, algas, solénidos e anémonas, como para a execución de traballos de mantemento e rexeneración dos bancos marisqueiros que requiren intervención subacuática. Este equipamento permitirá mellorar de maneira significativa as condicións de seguridade, autonomía e eficiencia destas actividades.
Así mesmo, prevese a adquisición dun motor fóra borda para a embarcación empregada no traslado de mariscadoras e mariscadores aos bancos de traballo. A instalación dun motor máis moderno e eficiente permitirá mellorar a seguridade na navegación, reducir o risco de varías, optimizar os tempos de desprazamento e diminuír o consumo de combustible e as emisións contaminantes.
O proxecto inclúe tamén a compra de máquinas cribadoras de marisco para a lonxa, co fin de mellorar o proceso de clasificación do produto, garantir o cumprimento da normativa de tamaños mínimos, incrementar a calidade do marisco comercializado e reducir a manipulación manual. Esta medida favorecerá a conservación dos recursos e mellorará as condicións de traballo, a seguridade laboral e a eficiencia da actividade. e un vehículo para a Confraría de pescadores.
Este proxecto contribué a mellora do sector e a nosa EDLP.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto “Mellora das condicións de traballo, seguridade e profesionalidade do sector” ten como obxectivo xeral mellorar as condicións de traballo, seguridade e profesionalización da actividade pesqueira e marisqueira da Confraría de Pescadores da Coruña, reforzando os seus medios materiais e promovendo unha xestión sustentable dos recursos mariños.
Entre os seus obxectivos específicos atópanse reforzar a protección dos bancos marisqueiros mediante unha vixilancia eficaz, mellorar a seguridade e apoiar os traballos de mergullo, facilitar as labores de mantemento e recuperación dos bancos, modernizar a clasificación do marisco, optimizar os desprazamentos e a xestión interna e favorecer a coordinación, formación e representación do sector.
O proxecto permitirá mellorar a seguridade, profesionalidade e sustentabilidade da actividade pesqueira e marisqueira, reforzando a protección dos recursos mariños e contribuíndo á conservación e recuperación dos bancos marisqueiros. Así mesmo, prevese mellorar as condicións de traballo nas actividades de mergullo, nos desprazamentos aos bancos de traballo e nos procesos de clasificación do marisco.
A actuación tamén contribuirá a mellorar a organización interna e a representación da Confraría, facilitando a participación en reunións, congresos, xornadas formativas, encontros institucionais e foros do sector. En conxunto, as actuacións buscan contribuír á viabilidade económica e social do sector e a unha xestión sustentable dos recursos mariños.
O proxecto contempla a adquisición dunha embarcación de vixilancia e equipamentos auxiliares, como prismáticos e lanternas, para reforzar o control dos bancos marisqueiros e a loita contra o furtivismo.
Tamén se adquirirá unha embarcación equipada con grúa para realizar labores de mantemento e rexeneración dos bancos marisqueiros, incluíndo a limpeza de residuos, o acondicionamento do substrato e o apoio loxístico aos traballos colectivos. Esta embarcación permitirá ademais desenvolver un sistema experimental de cultivo sobreelevado destinado ao reforzo dos bancos naturais.
Contémplase así mesmo a adquisición dun compresor de aire para apoiar os traballos de mergullo realizados polo persoal da Confraría, tanto para a extracción de recursos específicos como para as tarefas de mantemento e rexeneración dos bancos marisqueiros.
Outra das actuacións consiste na adquisición dun motor fóra borda máis eficiente para a embarcación utilizada no traslado de mariscadoras e mariscadores aos bancos de traballo, co obxectivo de mellorar a seguridade, eficiencia e sustentabilidade destes desprazamentos.
O proxecto inclúe tamén a compra de máquinas cribadoras de marisco para modernizar o proceso de clasificación, garantir o cumprimento da normativa sobre tamaños mínimos, mellorar a calidade do produto e reducir a manipulación manual.
Finalmente, prevese a adquisición dun vehículo para a Confraría, destinado ao traslado do persoal e dos órganos de representación a reunións, congresos, xornadas formativas e encontros institucionais, facilitando a coordinación, a participación en foros sectoriais e a relación coas administracións.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.3. Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio, xerando oportunidades para colectivos estratéxicos dentro do sector pesqueiro, ou relacionados coas actividades pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

