O proxecto ten como obxectivo poñer en valor e difundir a pesca artesanal galega mediante a rehabilitación dunha embarcación tradicional de 1950, o bote Barlote, e o desenvolvemento de diversas actividades de divulgación e sensibilización. A actuación principal consiste na reparación integral da embarcación —incluíndo a substitución de pezas estruturais, a construción de novos elementos e a instalación dun novo motor— para permitir a súa navegación e utilización con fins educativos, culturais e turísticos.
De forma complementaria, o proxecto contempla a creación dunha páxina web, contidos divulgativos e perfís en redes sociais para difundir a pesca artesanal e os seus valores. Así mesmo, desenvolveranse actividades de divulgación como rutas na embarcación en datas conmemorativas, dirixidas especialmente a persoas con discapacidade, e a organización de charlas sobre pesca tradicional, recursos naturais, igualdade no sector e promoción do consumo de peixe de proximidade.
En conxunto, o proxecto busca preservar o patrimonio marítimo tradicional, promover o coñecemento da pesca artesanal e reforzar o seu valor cultural, social e económico no territorio, especialmente nos municipios de Sada, Bergondo e Oleiros.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo poñer en valor e difundir a pesca artesanal galega mediante a rehabilitación do bote de pesca artesanal “Barlote”, unha embarcación do ano 1950 propiedade da Asociación. Preténdese recuperar a embarcación para permitir a súa navegación e utilizala como elemento de difusión e divulgación da historia da pesca tradicional e como reclamo turístico.
Así mesmo, o proxecto busca apoiar o turismo mediante a realización de rutas en días conmemorativos, especialmente dirixidas a persoas con discapacidade, difundir a pesca artesanal galega mediante o uso das novas tecnoloxías e desenvolver un proxecto innovador que poida servir de exemplo para a posta en valor de embarcacións tradicionais noutras áreas. As actuacións desenvolveranse preferentemente nos concellos de Sada, Bergondo e Oleiros.
O proxecto permitirá recuperar e poñer en valor o bote “Barlote” como exemplo de embarcación tradicional vinculada á pesca artesanal galega. A súa rehabilitación permitirá utilizalo para actividades de divulgación e rutas, contribuíndo a difundir a historia e os valores da pesca tradicional.
Tamén se espera mellorar a difusión da pesca artesanal mediante a creación de contidos, unha páxina web e perfís en redes sociais, así como mediante a realización de charlas e actividades dirixidas á cidadanía. Estas actuacións permitirán poñer en valor os recursos naturais do contorno, promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres na pesca e fomentar o consumo de peixe capturado mediante métodos artesanais e de proximidade.
O proxecto pretende ademais xerar unha experiencia que poida ser transferida e servir como exemplo para a posta en valor e recuperación de embarcacións tradicionais noutras áreas.
A actuación principal será a reparación do bote de pesca artesanal “Barlote”, mediante a reposición de determinadas pezas que se atopan en mal estado, como táboas, cadernas e “coureles”, así como a construción dunha nova cuberta, un novo pau para a vela, unha nova cabina e fogonadura e a instalación dun novo motor. Os traballos especializados realizaranse nunha carpintería de ribeira.
O proxecto contempla tamén o desenvolvemento dunha páxina web básica de divulgación da pesca artesanal para a Asociación Barlote, xunto coa creación de contidos para a web e para a elaboración de folletos sobre os temas obxecto de difusión. Así mesmo, crearanse perfís en redes sociais para apoiar a divulgación.
Realizaranse rutas coa embarcación en días especiais e conmemorativos, dirixidas de forma preferente a persoas con discapacidade, no ámbito de Sada, Bergondo e Oleiros.
Tamén se organizarán cinco charlas ao ano para difundir e poñer en valor a pesca artesanal, a igualdade de oportunidades na pesca e os recursos naturais do contorno nos concellos de Sada, Bergondo e Oleiros. Estas actividades incluirán así mesmo a promoción do consumo de peixe capturado de forma respectuosa e de proximidade.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 4.1. Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

