Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RESTAURANTE GASTROCULTURAL O BRUÑO

O proxecto consiste na rehabilitación dunha construcción tradicional para convertela nun espazo polivalente, que se denominará: RESTAURANTE GASTROCULTURAL "O BRUÑO" CON OBRADOIRO NA ESPECIALIDADE DE AFUMADOS E SALGADURA, onde primará a cociña tradicional, a utilización de produtos locais, a cultura da localidade e a posta en valor do patrimonio.

A misión do proxecto é a de ofrecer un concepto diferente de Restaurante, desestacionalizado, un espazo polivalente onde se combine a gastronomía coa cultura, utilizando produtos locais, procedentes da pesca de baixura e das lonxas, e promocionando a cociña tradicional, todo iso acompañado dun trato familiar nunhas infraestruturas modernas e de calidade.

Tamén se impartirán obradoiros de repostería tradicional. Contará con un espazo onde se poida coñecer a historia de vida de persoas nativas, os seus métodos de subsistencia, as técnicas de conservación de alimentos que empregaban.... Con todo isto o promotor conseguirá, ademais de dar valor aos nosos alimentos, divulgar a nosa cultura.

Pretende a recuperación dunha técnica de conservación de alimentos, usada polos antepasados, que actualmente se atopa en desuso, trátase da práctica do afumado. Nas instalacións a rehabilitar, reservarase un espazo para destinalo a obradoiro, onde se realizará o proceso completo de afumado e salgadura, e se disporá dun espazo destinado a cata destes produtos.

Outro aspecto diferenciador do proxecto radica na instalación de dispositivos onde se poida ver e escoitar a historia das nosas rías: formas de vida, artes de pesca, embarcacións utilizadas, produtos de mar e costeiros obtidos.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 141
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ROBERTO PÉREZ ESTÉVEZ
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresario individual (autónomo)
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
06/08/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
-
Ámbito de aplicación: 

Sanxenxo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
102.342,55 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
82.120,62 €
Total axuda pública aprobada (€): 
41.060,31 €
% Subvención: 
40
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
34.901,26 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.159,05 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é fomentar a participación de persoas con diversidade funcional en actividades acuáticas na ría de Pontevedra así como promover a protección e conservación dos recursos pesqueiros e naturais da ría de Pontevedra entre a poboación en xeral.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Incremento da facturación da empresa.

- Promoción da formación en buceo.

- Creación de Emprego.

- Posta en valor do patrimonio litoral da Ría de Pontevedra.

- Concienciación medio ambiental.

- Aforro enerxético.

Principais actividades do proxecto: 

A empresa pretende ofertar:

- Bautismo de buceo con posibilidade de ofrecelo tamén a persoas con discapacidade.

- Rutas en barco para visitar as bateas con explicación do seu funcionamento, orientado especialmente a persoas con discapacidade.

- Rutas de avistamento de aves.

- Ruta Illa de Tambo, Combarro e Bateas.

- Saídas de pesca para particulares e familias (con cana).

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

O proxecto contribúe ao obxectivo estratéxico de impulsar e aproveitar o patrimonio natural da zona Pesqueira e, en concreto, á mellora da capacidade das comunidades costeiras para a adopción de prácticas de conservación, protección e mitigación de impactos sobre o patrimonio natural e para a súa posta en valor.

Obxectivo específico da EDLP: 

- Turismo mariñeiro.

- Aproveitamento do patrimonio medioambiental.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)