
Este proxecto consiste na incoación de BIC do complexo salineiro das Salinas do Ulló, xunto coa realización dunha serie de estudos, proxectos técnicos independentes, e colaboración con universidades, asociacións de mulleres, confrarías de pescadores, comunidades de montes e en xeral o tecido social de Vilaboa que permitan revalorizar e poder recuperar a nivel medioambiental e cultural o espazo das Salinas de Ulló.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
As actuacións a desenvolver para a consecución do BIC marcarían un antes e un despois para a zona, xa que se conseguiría potenciar o turismo mariñeiro e da historia da producción do sal mariña, poñendo en contexto coas novas industrias conserveiras da zona, acadando un recurso que funcionaría como marca de calidade e distintivo do lugar, e ademaís, tamén, sería o inicio para a recuperación da área a nivel medioambiental e cultural, pero tamén de cara a lograr un espazo accesible e integrador para todas as persoas nos que a perspectiva de xénero e o respecto serían un dos eixos fundamentais.
Obter os estudos necesarios para poder acometer a recuperación e restauración medioambiental e cultural do espazo das Salinas de Ulló nun futuro próximo para o desfrute de toda a sociedade.
Realizaranse accións de divulgación da actividade do sector mariñeiro, favorecendo a posta en valor da contorna e da actividade de marisqueo, facendo fincapé no papel da muller no sector pesqueiro.
Realizaranse accións de divulgación medioambiental nas que se incidirá sobre os riscos das especies invasoras presentes no entorno das Salinas do Ulló e a importancia da conservación nunha zona declarada Rede Natura.
Realizaranse accións de divulgación patrimonial cultural, favorecendo o apego da xente polo patrimonial cultural vencellado ao mar, sobre un sector económico como é dos salinas que foi importantísimo ata a chegada dos novos sistemas de refrixeración.
Realizaranse mapeados colectivos de rexistro da memoria oral da contorna xunto co uso de enquisas online accesibles, para a revalorización social do lugar.
Obxectivo Estratéxico 5: Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais
Obxectivo específico 5.1.: Desenvolvemento e mellora de procesos de gobernanza
Actuación 5.1.1: Promoción da colaboración público-privada. Creación de espazos de encontro e desenvolvemento de proxectos con universidades, Administracións e, en xeral, co ecosistema de I+D+i
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

