
Posta en valor das salinas romanas do Agunchiero. Excavación, restauración, consolidación e apertura ao público das antigas salinas romanas situadas no lugar do Aguncheiro.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo do proxecto é potenciar a consolidación de novas actividades e empresas, mellorando o atractivo turístico do territorio e promovendo un turismo sostible que fomente a creación de emprego de calidade e de carácter non estancional, a través da creación dun recurso patrimonial innovador de impacto internacional fundamentado no estudo, transferencia e posta en valor das paisaxes do sal.
Mediante a posta en valor dos recursos patrimoniais ligados á explotación do mar na Antigüidade, o proxecto Camiños do Sal "Saloia", pretende fomentar o benestar social e o patrimonio como un recurso á vez económico, turístico e cultural. A creación dun novo recurso turístico innovador e de carácter exclusivo como son as salinas romanas contribuirá a protexer e revitalizar o patrimonio do territorio, xerando novas oportunidades de emprego que reforcen o crecemento económico inclusivo, o desenvolvemento social e a promoción dun turismo cultural sostible.
Resultados directos do proxecto:
1.- Creación de un recurso patrimonial sostible a partir da escavación, restauración e consolidación das salinas romanas do Aguncheiro.
2.- Creación de recursos divulgativos de carácter innovador para a promoción dun turismo de calidade.
3.- Integración das salinas romanas no proxecto de urbanización do Aguncheiro, nun diálogo entre presente e pasado que reforce o vencello co mar das comunidades locais.
4.- Promoción da senda litoral e do Camiño de Santiago como unha Ruta do Sal, que comprende ao seu paso as paisaxes do sal da Antigüidade que se extende pola costa atlántica, e que teñen no Aguncheiro o seu máximo expoñente.
Impacto agardado do proxecto:
1.- Desenvolvemento do sector turístico.
2.- Creación de novas oportunidades de negocio.
3.- Reforzo da cultura do mar e da identidade mariñeira.
4.- Creación de emprego.
5.- Apertura de negocios.
6.- Posbilidade de transferencia.
Actividade 1: Excavación arqueolóxica en área das salinas romanas do Aguncheiro.
Actividade 2: Consolidación das estructuras .
Actividade 3: Deseño de plan de visita sinalizado e provisto de elementos expositivos.
Actividade 4: Divulgación a través dunha guía arqueolóxica.
Actividade 5: Creación de ilustracións de recreación histórica. Creación de ilustracións de personaxes realizando tarefas relacionadas coa produción do sal. Elaboración de recreacións das ferramentas e mecanismos empregados nas salinas romanas. Reconstrucción virtual en 3D das salinas romanas e do seu entorno natural próximo.
Actividade 6: Implementación de un sistema de realidade virtual. Deseño de 2 vistas virtuais 360º que inclúen o deseño 3D de obxectos e personaxes levando a cabo actividades relacionadas co traballo nas salinas. Implementación dun sistema de acceso baseado en códigos QR para que o visitante teña acceso á Realidade Aumentada a través do seu teléfono móbil. Integración das vistas 360º con locución en 3 idiomas (galego, castelán e inglés). Desenvolvemento dunha web, accesible mediante un ou varios códigos QR, que permita visualizar varios vídeos.
Actividade 7: visitas guiadas ás excavacións. Durante a fase de traballo de escavación, limpeza e prospección arqueolóxica das salinas, establecerase un servizo de visitas guiadas que permitirá ao público achegarse ao proceso de investigación e ao traballo dos arqueólogos. Estas charlas realizaranse nun horario axeitado que facilite a conciliación familiar.
Actividade 8: Actividades de divulgación medioambiental. Charlas e rutas guiadas polos diferentes lugares relacionados coa explotación do sal que apararecen ao longo da costa de Oia. As rutas inclúen a posta en valor dos elementos que compoñen o ecosistema mariño da fronte costeira e amosan as pegadas do cambio climático.
Actividade 9: Actividade escolar nas salinas. Limpeza da fronte costeira da contorna das salinas do Aguncheiro contando con colexios públicos da zona, como medio para a concienciación ambiental.
OE4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.1 Fomento do patrimonio cultural material e inmaterial
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

