Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XANTARES DO MAR

Actividades de posta en valor de especies do mar infravaloradas. Obradoiros de alimentación. Actividades de  divulgación e sensibilización ambiental. Encontros gastronómicos.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Soutomaior
Datos de interese: 
https://soutomaior.gal/
Perfil empresarial: 
Administración pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
11/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Concello de Soutomaior

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
36.723,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
35.755,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
35.755,50€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
25.028,85€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
10.726,65€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1.- Mellorrar o aproveitamento de especies infravalordas e pouco coñecidas a través da creación de novas propostas para a hostelaría e para a activación de novas demandas entre as persoas consumidoras.

2.- Reducir os danos causados aos ecosistemas da Ría de Vigo e da Ensinada ao reducir a sobre explotación de especies máis demandadas. 

3.- Propoñer ideas para elaborar novos produtos de cociña saudable e creativa con produtos de mar menos coñecidos e así ampliar a oferta gastronómica coa oferta de novas especies que complete a xa existente en base a ostra e a anguía de gran recoñecemento na nosa zona.

4.- Apoiar o traballo de mantemento da actividade da frota e consevación do emprego.

5.- Revalorizar produtos infravalorados e pouco coñecidos para fomentar a economía azul apoiando a diversificación da pesca.

6.- Traballar conxuntamente con persoas expertos da hostelaría local e do sector da pesca para realizar campañas de promoción e así crear novos produtos. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1.- Promover o consumo de produtos locais e dos produtos da pesca artesanal, marisqueo e a acuicultura e a súa actividade artesanal.

2.- Revalorizar os produtos infravalorados e menos coñecidos para reducir a sobre explotación das especies máis demandadas.

3.- Cambiar actitudes en relación á alimentación e introducir na dieta diaria o consumo de produtos de mar de calidade qie manteñan todo o seu valor nutricional. 

4.- Por en valor o patrimonio ambiental e cultural marítimo pesqueiro co foco na cociña atlántica e o consumo de especies menos coñecidas para diversificar a pesca

5.- Promover un turismo flexible de calidade respetuoso co medio ambiente con alternativas nas zonas pesqueiras con actividades culturais e actividades gastronómicas que poñen en valor as especies do territorio e a cultura gastronómica da zona a través de seminarios, de encontros gastronómicos e de actividades de lecer.

 

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1: Seminario sobre valorización de produtos pesqueiros infravalorados. Obter datos sobre a situación dos produtos infravalorados da zona para establecer mecanísmos fiables de mellorada xestión dos recursos e da cadea de valor a través da formación e información con conferencias e espazos de reflexión.

Actividade 2: Xeracións con gusto: obradorios de alimentación senior / infantíl-xuvenil. Obradoiros formativos, de concienciación e divulgación. Os participantes guiados por expertos, aprenderán a identificar as cualidades dos produtos do mar co fin de incorporar as receitas a súa vida cotiá.

Actividade 3: A lingua do mar, singladuras de divulgación e sensibilización. Actividades orientadas ao público infantíl-familiar co fin de achegarlles a realidade do sector pesqueiro artesanal.

Actividade 4: Encontros gastronómicos. Acordo coa hostelaría local para participar en encontros gastronómicos e trasladar á cidadanía a valorización dos produtos menos coñecidos a través da degustación de elaboracións sinxelas e atractivas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.3 Promover o consumo dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura e a súa actividade produtiva

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)