Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Modificación da EDLP do GALP Ría de Vigo - A Guarda

O GALP RÍA DE VIGO - A GUARDA AUMENTARÁ A PUNTUACIÓN DOS PROXECTOS CUXOS TITULARES PERTENZAN AO SECTOR DA PESCA OU SEXAN FAMILIARES EN 1º GRAO

A Consellería do Mar aprobou a solicitude do GALP da Ría de Vigo-A Guarda  de modificar os criterios de valoración dos proxectos susceptibles de subvención, valorándose agora con 5 puntos máis a pertenza dos solicitantes ao sector da pesca (confrarías de pescadores, asociacións de redeiras, OPP, asociacións de mexilloeiros, etc...) ou ser familiar (en 1º grao de consanguinidade). Tamén se valorarán con 5 puntos máis os proxectos que colaboren con outras entidades e con universidades ou centros tecnolóxicos no seu desenvolvemento.Ademáis, se otorgarán 5 puntos aos proxectos que implanten medidas relacionadas coa protección do medioambiente (tales como a reduccion das emisións de carbono, a eficiencia enerxética, ou o aforro enerxético), a adaptación ao cambio climático ou a conservación dos recursos e do medio.Estas modificacións pertencen ó Criterio I: Tipoloxía de proxecto da Estratexia Local de Desenvolvemento Participativo (ELDP), modificada o pasado 30 de decembro pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, de xeito que agora a puntuación máxima que se pode acadar cumprindo  un só dos requisitos é de 10 puntos.Asimesmo, foi modificado o Criterio II: Transformación dixital, valorando positivamente a incorporación e uso das novas tecnoloxías e a inclusión na sociedade da información da actividade obxeto do proxecto, otorgándose 10 puntos por cumprir ou implantar algunha medida relacionada coas TIC.

 

 

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/criterios-de-avaliacion-edlp...