Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O marisqueo está paralizado dende o estado de alarma e ata o momento e estamos sobrevivindo grazas a venda de choco e sardiña

Campaña #Quedaconosomar

 

 

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

O marisqueo está paralizado dende o estado de alarma e ata o momento e estamos sobrevivindo grazas a venda de choco e sardiña, o cal supón unha perda importante de ingresos, facendo insostible a situación da confraría. A cidadanía pode axudar adquirindo os productos locais de km 0, xa que parte dos nosos productos véndense fora da localidade.

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

Consideramos que é moi importante o sector do mar en todos os ámbitos, xa que aportan beneficios ás familias que se dedican o mar directa ou indirectamente. A calidade nutricional dos nosos productos para a cidadanía tamén ten moita importancia, ademáis que tamén aporta moita actividade ao sector turistico entre outros.

Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?

Na confraría somos 265 socios aproximadamente e indirectamente damos servicios a outras empresas de venta de productos do mar. Non saberíamos decir o volumen de facturación pero en Redondela o sector do mar está considerado como un dos sectores máis relevantes e que aportan un beneficio económico importante na Vila.

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

Unha das caracteristicas é que damos a sociedade productos de primeira necesidade. Os productos do mar forman parte dunha dieta sana e equilibrada, aparte das opcións laboráis que ofrece o sector. Tamén ofrecemos un producto extraído sempre de forma artesanal e dunha maneira sostible garantizando a nosa continuidade e facendo un exercicio de concienciación sobre a importancia do medio ambiente incluíndo a necesidade de coidar o noso mar.

Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Polas propiedades nutricionáis que aportan a nosa dieta e tamén para salvagardar a nosa tradición pesqueira que temos en Galicia dende os nosos ancestros dando unha oportunidade laboral as novas xeracións que veñan no futuro.