Tuesday, 20 de January de 2026 - 06:01

O día 17 de outubro tivo lugar a presentación do proxecto Aula do mar levado a cabo pola Confraría de pescadores "Virxe do Carmen" de Arcade na convocatoria de axudas de 2025.
O proxecto consistiu na adaptación dunha sala da lonxa de Arcade con mobiliario e material informático, para que na mesma se poidan realizar actividades formativas aos socios e socias e divulgativas ao público en xeral. Neste espazo realizaranse actividades que acheguen o sector pesqueiro e marisqueiro á veciñanza da zona así como eventos de concienciación con alumnado de centros educativos do Concello.

