
Recuperación, conservación e posta en valor dun itinerario tradicional de uso mariñeiro empregado históricamente pola comunidade pesqueira local para o acceso ás zonas de pesca situadas na contorna da Punta do Aradoiro e do Forno do Cal en Vilaboa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A actuación "Roteiro tradicional pesqueiro Punta do Aradoiro, Vilaboa" contribúe á posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas mediante a recuperación dun itinerario litoral tradicional vinculado a actividade pesqueira, promovendo a conservación dos ecosistemas costeiros, o uso público sostible do litoral, a integración paisaxistica e a sensibilización ambiental.
O proxecto aliñase cos principios da economía azul sostible, a protección do medio mariño e a valorización dos recursos naturais do territorio.
Así mesmo, favorece o fomento do patrimonio cultural material e inmaterial, ao preservar un camiño histórico mariñeiro e reforzar a identidade pesqueira local, incorporando interpretación do patrimonio, dixitalización mediante QR e audioguías, participación social e divulgación, contribuíndo ao desenvolvemento local participativo, á cohesión territorial e á valorización do patrimonio marítimo-pesqueiro.
O proxecto permitirá recuperar e conservar un itinerario tradicional mariñeiro, mellorando o acceso seguro ao litoral e ordenando o uso público do espazo costeiro. Espérase reforzar a protección ambiental e paisaxística do ámbito, mediante actuacións de integración do trazado e mellora do contorno, incluíndo accións puntuais de restauración vexetal con especies autóctonas.
A actuación contribuirá á posta en valor do patrimonio ambiental e cultural marítimo-pesqueiro, incrementando o coñecemento do territorio a través de paneis interpretativos, audioguías e códigos QR, así como mediante accións de divulgación e sensibilización.
Prevese reforzar a identidade mariñeira local, promover un uso sostible do litoral, mellorar a accesibilidade social ao espazo e impulsar a súa valorización educativa e turística, contribuíndo ao desenvolvemento local sostible e á economía azul.
O proxecto “Roteiro tradicional pesqueiro Punta do Aradoiro, Vilaboa” contempla a execución dun conxunto integrado de actuacións orientadas á recuperación, posta en valor e difusión dun itinerario litoral tradicional vinculado á actividade pesqueira local.
As actuacións preistas inclúen: traballos previos de limpeza e desbroce, levantamento topográfico, estudo xeotécnico, acondicionamento do roteiro peonil, instalación de pasarelas de madeira, vallas de protección con rede de pesca reutilizada e balizas solares.
O proxecto inclúe a instalación de paneis interpretarivos sobre os recursos mariños, ecosistemas costeiros, a actividade pesqueira e a historia do territorio. Os paneis complementanse con audioguias accesibles mediante códigos QR, que permitirán ás persoas usuarias acceder a contidos dixitais ampliados sobre o patrimonio ambiental e cultural do ámbito, fomentando o uso das TIC e a accesibilidade universal á información.
Desenvolveranse xornadas de presentación, divlgación e sensibilización, dirixidad á poboación local, ao sector pesqueiro, ao ámbito educativo e as persoas visitantes, orientadas á conservación do medio mariño, ao aproveitamento sostible dos recursos do territorio, á adaptación ao cambio climático e ao fomento do aforro enerxético, reforzando a participación social e a educación ambiental.
OE3: Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático.
3.2. Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

