Tuesday, 27 de October de 2026 - 12:10

Entre o 28 de setembro e o 2 de outubro, membros da Xunta directiva e a xerente do GALP Ría de Vigo - A Guarda desprazaronse ata o País Vasco para asistir a unha visita de estudo dentro do proxecto de cooperación "Relevo xeracional: o futuro do mar".
Durante estas xornadas fixéronse visitas á Kofradía Basque Food, á Asociación de Productores de Pesca de Bajura de Guipuzcoa-OPEGUI, á Escuela de Pesca de Ondarroa e á Escuela de Pesca Blas de Lezo de Pasaia.
Visitouse o centro de investigación mariña e alimentaria AZTi, o estaleiro Albaola onde se investigan as tecnoloxías marítimas e o Museo Itsas de Donosti.

