Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de presentación de proxectos, 3 de setembro

O día 3 de setembro de 2021 tivo lugar no Edificio "Virxe do Carme" do Porto de Vigo, a primeira xornada de presentación de proxectos xestionados polo GALP Ría de Vigo - A Guarda. 

Nesta xornada presentáronse os seguintes proxectos: “Proxecto innovador: mellora de procesos, novos produtos” solicitado por Frigoríficos de Vigo, S.A; “Glamping do mar”, solicitado pola empresa Glamping do mar, S.L.; “Dixitalización de procesos de Pesciro” solicitado por Pesciro, S.L.U.;  “Blue Atlantic Foro” solicitado polo Concello de Baiona; “Mariscos Islas Cíes” solicitado por Mariscos Islas Cíes, S.L.U.; “Modernización primeira venda ” solicitado por Cíes artesanais, Sociedade Cooperativa Galega.; “Navis Siren”, solicitado por Navis Siren, S.L.; “Dinamización da enseada de Cesantes para a práctica de Kitesurf” solicitado por TM Kitesurf; “Algas deshidratadas para diferentes usos” solicitado por H.Q.Seaweed e “Fomento do deporte e o turismo mariñeiro na Enseada de San Simón” solicitado polo Club náutico de Cobres.