Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ENTRE MAREAS: RESPECTAR, GOZAR E CREAR.

Proxecto que comperende a realización de diferentes actividades  vinculadas ao coñecemento, sensibilización  e coidado do patrimonio medioambiental marítimo-pesqueiro da zona da Mariña-Ortegal.  Preténdese achegar este sector ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual tendo en conta o desenvolvemento sostible da zona costeira, a prevención da contaminación e a realización de actividades de aproveitamento dos residuos e refugallos mariños (plásticos,latas, redes…) como elemento de mellora ambiental. Ao mesmo tempo, supón o fomento do benestar social das persoas ás que vai dirixido  e do patrimonio cultural da zoa. 

Numerosos estudios demostran a existencia de múltiples beneficios do medio mariño  para o benestar das persoas, axuda a reducir a ansiedade, a tristeza, a mellorar o humor, incentiva a creatividade,  reduce a frustración e facilita a meditación ou o mindfulness. É importante fomentar o coñecemento dos beneficios sobre o benestar emocional e mental que nos produce e asentar valores medioambientais e de respecto pola vida e o coidado dos mares. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASPANANE
Datos de interese: 
Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais
Perfil empresarial: 
Asociación declarada de utilidade pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Febreiro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
08/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Viveiro (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
83.053,34 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
83.053,34 €
Total axuda pública aprobada (€): 
83.053,34 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
58.137,34 €
FEMP (%): 
70,0
CA (€): 
24.916,00 €
CA (%): 
30,0
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual a través da realización de actividades relacionadas co mar. 
- Fomentar a concienciación e educación en temáticas relacionadas cos residuos e a contaminación da zona costeira. 
- Reducir a xeración de residuos que chegan ao mar. 
- Introducir liñas de aproveitamento dos residuos mariños para a creación de pezas artísticas. 
- Poñer en valor o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Incremento da sensibilización  e concienciación de cara o coidado do medio mariño. 

- Participación activa das persoas con discapacidade intelectual da entidade, o que conleva un incremento do seu benestar. 

- Incremento do consumo dos productos do mar locais tras a súa posta en valor. 

Principais actividades do proxecto: 

"MAREAS DE SENSIBILIZACIÓN": actividades de sensibilización da importancia do coidado do medio mariño. 
- Charlas  adaptadas ás necesidades e características das persoas con discapacidade intelectual usuarias da entidade para fomentar a sensibilización e concienciación sobre a contaminación do noso mar e litoral. Causas e consecuencias. Como as nosas accións poden reducir o impacto ambiental. 
- Diseño e realización de viñetas como actividade visual e educativa sobre o impacto da basura no ecosistema mariño. Posibilidade de traballar en formato papel ou dixital. 
- Familiarizarse co uso de apps e ferramentas dixitais que contribúan a protexer os nosos litorais, como poden ser: Marnoba (app que sirve como caderno de campo e permite recopilar e clasificar as basuras mariñas que se atopan no noso litoral, e facilita información de que facer coa basura que recollas a través dun breve texto explicativo e a imaxe do contenedor onde debes depositala), MarinaInfo (app na que recopilar información e denuncias de malas prácticas co obxectivo de contribuir e protexer a biodiversidade mariña), MiTeco (app con recopilación de información actualizada das nosas praias co obxecto de dar a coñecer este patrimonio natural) e outras. 
- Taller de limpeza de praias e litoral: organización de saídas orientadas a promover a limpeza de varias praias da nosa contorna. Análise do tipo de refugallo atopado e cómo se pode evitar a súa presenza nos areais. Elaboración dunha infografía para publicar nas redes sociais con consellos para favorecer a preservación do medio mariño.
- Taller de reciclaxe de material de refugallo recollido en praias ou zona litoral da nosa costa. Mesturar eses elementos con diferentes técnicas (pintura, cerámica, madeira…) para a creación de diversas pezas artísticas.  Trátase de poñer o foco en novos usos  e recuperación do lixo mariño. Farase unha exposición. 

"MAREAS DE BENESTAR": actividades dirixidas a fomentar o benestar das persoas con discapacidade intelectual a través do contacto co mar. 
- Actividades de ocio a través da visita a diferentes puntos relacionados coa cultura marítima: faros, praias, rutas de sendeirismo, paseos marítimos, cetáreas, lonxas, conserveiras, museos, centros de interpretación… Durante a execución destas saídas fomentarase o establecemento de hábitos responsables, interiorizando cómo as nosas accións teñen un impacto directo no coidado do noso litoral. 
- Taller sensorial mariño. Descubrir o mar. Engadir nas propostas sensoriais elementos naturais como cunchas, algas, area, auga e/ou figuras que representen animais acuáticos. Nestas dinámicas enténdese o mar como representación da natureza e servirán como guía para concienciar sobre o constante perigo no que se atopan as augas e os seres vivos que habitan nel  debido a falta de coidado medioambiental. 
- Alimentación saudable: charla sobre os beneficios de incluír produtos do mar na nosa alimentación, fomentando o consumo dos mesmos. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3. Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluidas as operacións de mitigación do cambio climático.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 3.1. Coidar a biodiversidade mariña da zona costeira e manter os recursos pesqueiros das rías.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)